arriba
Venres, 17-Xaneiro-2020

 

 
PortadaseparatorActividadesseparatorNo Portovello convertimos o loito EN LOITA


No Portovello convertimos o loito EN LOITA


Luns, 25-Novembro-2019

O 25 de Novembro, Día Internacional contra a Eliminación da Violencia de Xénero, o CIFP Portovello tinguiuse de negro participando na acción colectiva de sensibilización social contra as violencias machistas: “CIFP PORTOVELLO EN NEGRO CONTRA AS VIOLENCIAS MACHISTAS”
Durante a xornada lectiva levouse a cabo un intenso e proveitoso programa de actividades dirixido a toda a Comunidade Educativa promovendo a transversalidade de xénero nas accións educativas para traballar a prol da igualdade e pola prevención, eliminación e tratamento das violencias de xénero en todos os ámbitos.
Arredor de 500 persoas entre alumnado, profesorado e outros membros da Comunidade Educativa participaron, en diferentes sesións, na actividade denominada: “Xuízo ao patriarcado. Ollada da Fiscal de Violencia de Xénero de Ourense”.
Sonia Rodríguez Gómez, Fiscal de Violencia de Xénero de Ourense, fixo unha exposición rigurosa e obxectiva abordando de xeito integral a violencia de xénero e contribuindo á súa prevención entre a xente moza, coas súas valiosas achegas. Aproveitamos para expresar o noso agradecemento público a súa total dispoñibilidade e colaboración con nós.
De 11:00 a 11:30 tivo lugar un acto para conmemorar o “Día Internacional Contra a Violencia Machista”. O grupo de Igualdade Moraima foi o encargado de organizalo. Preparáronse unha serie de lecturas nas que manifestaban a súa preocupación sobre a violencia contra as mulleres e o compromiso de non permitir que se dea un paso atrás na loita contra este problema estrutural.
Finalizouse cun acto simbólico onde, recordando a todas as vítimas de feminicidios deste ano, chamaron a mudar o LOITO da tristeza pola LOITA colectiva contra esta lacra social.
Durante toda a semana e dentro do programa de actividades a Biblioteca Blanco Amor preparou a exposición da colección: “Biblioteca de Mulleres”.


No Portovello convertimos o loito EN LOITA - Foto 1
No Portovello convertimos o loito EN LOITA - Foto 2
No Portovello convertimos o loito EN LOITA - Foto 3
No Portovello convertimos o loito EN LOITA - Foto 4
No Portovello convertimos o loito EN LOITA - Foto 5
No Portovello convertimos o loito EN LOITA - Foto 6


Outras actividades...