arriba
Xoves, 13-Agosto-2020

 

 
PortadaseparatorActividadesseparatorVisita á empresa COASA


Visita á empresa COASA


Venres, 17-Xaneiro-2020

O alumnado de 1º e 2º de C.M de Xestión Administrativa tiveron a oportunidade de visitar as instalacións da empresa COASA situada no Parque Tecnolóxico de Galicia, esta empresa adícase á fabricación, construción , reparación , mantemento e comercialización de subconxuntos , pezas e partes de aeronaves. Durante case dúas horas o alumnado puido coñecer a empresa COASA e as súas instalacións, así como a súa funcionalidade como empresa industrial, grazas o persoal da mesma que con gran atención foron mostrando a todos/as os rapaces e rapazas que participaron en esta visita o proceso de fabricación de pezas de aeronaves , así como dando resposta a tódalas dúbidas que ó noso alumando lle foron xurdindo.
Ademais, con anterioridade a visita a empresa COASA , o noso alumando recibiu un charla no edificio principal do Parque Tecnolóxico de Galicia, con relación a funcionalidade do Parque Tecnolóxico, a iniciativa emprendedora así como información de diferentes programas e proxectos que desde o Parque Tecnolóxico se están a realizar.


Visita á empresa COASA - Foto 1
Visita á empresa COASA - Foto 2
Visita á empresa COASA - Foto 3


Outras actividades...