O pasado mércores, día 19 de febreiro de 2020, celebrouse no CIFP Portovello, a 1ª Xuntanza de Simulación de Empresas con Finalidades Educativas (SEFED) en Galicia, organizada polo alumnado de 2º CS de Asistencia á Dirección.
Neste evento reuníronse distintas empresas simuladas de Monforte, Vigo e Ourense, coa finalidade de establecer relacións comerciais e darse a coñecer entre elas.
O evento inaugurouse coa benvida do director do CIFP Portovello, continuando cada empresa coa súa presentación e spot publicitario. Posteriormente, cada empresa presentou os seus produtos nos stands feitos por eles mesmos.
As empresas asistentes presentaron actividades comerciais como: venda de bebidas enerxéticas, viños, aceites, Equipos de Protección Individual (EPI’s) e elementos de
iluminación.
O evento finalizou coa entrega de premios ó mellor spot e ó mellor stand, e co agradecemento por parte da organización a todos os asistentes.