arriba
Sábado, 6-Marzo-2021

 

 
PortadaseparatorActividadesseparatorRelatorio da empresa Event´s de Ourense.


Relatorio da empresa Event´s de Ourense.


Martes, 15-Decembro-2020

O martes, día 15 de decembro o alumnado de 2º curso de Asistencia á Dirección tivo ocasión de comprobar persoalmente a experiencia persoal e profesional dunha empresa de Organización de eventos real, Event´s, de Ourense.

Durante o relatorio, a xerente da empresa, Maria Teresa Rodríguez Ferreiro, expuxo na aula a súa visión e funcionamento do "día a día" deste tipo de empresas, e a problemática COVID-19, coa conseguinte adaptación da compañía ás novas situacións, a planificación real dun evento, e as circunstancias persoais e profesionais ás que deben afrontar este tipo de empresas na hora de organizaren unha preparación destas características.

María Teresa Rodríguez amosou os trucos e as indicacións para preparar un evento aos participantes, con todas as circunstancias e pequenos detalles, que poden esmagar o resultado final. O alumnado amosou interese, e a charla resultou amena para eles, ao afronteren situacións reais (e hilarantes, nalgúns casos, segundo a xerente), cando se preparan este tipo de actuacións.

A xerente ficou convidada novamente a futuros relatorios, co gallo dos resultados das enquisas valorativas do alumnado.



Outras actividades...