arriba
Sábado, 21-Maio-2022

 

 
PortadaseparatorActividadesseparator“Mocidade, motor do cambio” Actividade de Igualdade e diversidade


Martes, 19-Abril-2022
“Mocidade, motor do cambio” Actividade de Igualdade e diversidade - Foto

“Mocidade, motor do cambio” Actividade de Igualdade e diversidade

Dende o Equipo de Igualdade “Moraima” queremos informar da vindeira actividade que se vai desenvolver no CIFP Portovello dirixida a todos os grupos de 1º do Centro. Esta actividade forma parte das actuacións do I Plan de Igualdade e Diversidade do noso centro.

Desta volta será a Asociación Nós Mesmas quen desenvolverá o taller onde se afondarán contidos sobre a diversidade sexual e de xénero, máis alá do sistema binario, denominado:

“Mocidade, motor do cambio”

No documento achegado podedes ver a distribución de horarios, grupos e espazos.

Pregamos a chegada puntual de cada grupo no espazo previsto, para poder comezar o taller na hora de inicio establecida.



Mais noticias...