
SAÍDA Á RÚA DO PASEO
O pasado xoves 21 de abril, o alumnado de 1º de ciclo medio de Actividades Comerciais do CIFP Portovello analizou accións de comunicación do comercio e institucións de Ourense. É a terceira ocasión na que realizamos esta acción formativa, denominada "Aula non Paseo". Permítenos coñecer a posta en práctica de ferramentas de comunicación como merchandising, publicidade ou promocións na mellor contorna posible.