
Taller de Packaging
O alumnado de 1º de FP Básica e de 1º de CM Activ. Comerciais participou nun taller de Packaging, como complemento ao módulos de Merchandising e de Dinamización do Punto de Venda. Foi impartido por Patricia Maquieira, especialista e asesora de imaxe comercial.
Os grupos foron divididos en dúas quendas de 3 horas de duración cada unha para poder traballar de forma máis cómoda.