
Visita a Tecnópole
O alumnado de 1º CS de Xestión de Vendas e 1º CS de Asistencia a Dirección, coñeceron a experiencia emprendedora de tres empresas localizadas no Parque Tecnolóxico de Galicia.
- Esther Merlo de Madera Plus, explicou que a súa empresa dedícase a predicir as propiedades tecnolóxicas da madeira do arbore en pe, sendo pioneira en España.
- Alfredo Fernández y Lucia Novelle, da empresa Ingeo, comentaron co alumnado a súa experiencia emprendora e a importancia da motivación a hora de crear unha empresa.
- Por último, Miguel González de MAG and MAG asociados explicou a importancia de satisfacer as necesidades do mercado na procura de ideas emprendedoras.