arriba
Venres, 26-Abril-2019

 

 
PortadaseparatorActividadesseparatorVisita ás instalacións de Aixina en Ourense


Visita ás instalacións de Aixina en Ourense


Luns, 31-Xullo-2017

Os grupos de Atención a Persoas en Situación de Dependencia (Ordinario) realizaron dúas visitas ás instalacións desta Asociación os días 23 e 30 de Xaneiro de 2014.

AIXIÑA é unha Asociación dedicada á integración de persoas afectadas de discapacidade física, parálise cerebral e terceira idade dependente. Pretende a plena integración das persoas con discapacidade física en todos os ámbitos da vida, facendo importante fincapé na formación e a integración laboral. Durante a visita puidemos coñecer a labor que realizan con estes colectivos, e algunhas das actividades que levan a cabo:

  • Programa de Información e Orientación.
  • Servizo de Rehabilitación Integral.
  • Servizo de Transporte Adaptado para Persoas de Mobilidade Reducida.
  • Programa de Deportes e Tempo Libre.
  • Centro de Día para Persoas con Alzheimer.
  • Centro de Día para Persoas con Parálise Cerebral e Afíns.
  • Residencia para Persoas con Discapacidade. (próxima apertura)
  • Centro Especial de Emprego.

O contacto coa realidade laboral, un dos obxectivos da actividade, supón un aspecto necesario na formación destes futuros profesionais, antes da súa inmersión no módulo de Formación en Centros de Traballo.

O trato recibido polo persoal da Asociación e a súa dedicación fixeron que a experiencia resultase moi positiva.


Visita ás instalacións de Aixina en Ourense - Foto 1
Visita ás instalacións de Aixina en Ourense - Foto 2


Outras actividades...