
Aprendemos xogando no Escape Room
Hoxe o alumnado de 2º de CM Xestión Administrativa participou nun Escape Room na Sala Enigma. A finalidade desta actividade é fomentar o traballo en equipo, a cooperación e as súas capacidades de comunicación. Con esta saída formativa o alumnado coñece de primeira man unha técnica cada vez máis utilizada nas entrevistas de traballo. Foi unha mañá emocionante para o alumando que sabía cando entraría no xogo pero non como e cando sairían desta interesante actividade.