![Presentación sobre o mercado laboral nos Estados Unidos - Foto Presentación sobre o mercado laboral nos Estados Unidos - Foto](Archivos/Fotos/Noticias_fotos/tumb/Not_fot0_300123__t54135-16750832528959-990x600.jpg)
Presentación sobre o mercado laboral nos Estados Unidos
O pasado día 26 de xaneiro o Departamento de Dinamización de Idiomas invitou ao alumnado do CS de Administración e Finanzas e o CM de Xestión Administrativa a participar nunha presentación en inglés sobre o mercado laboral nos EEUU. O alumnado tivo a oportunidade de escoitar á profesora americana Sarah Rodríguez Garay explicar distintos aspectos da economía americana e comparala coa española e visionaron un video dunha profesional de Reno, Nevada do sector hostaleiro comentando a súa experiencia laboral.