
8M: Rompendo regras
Alumnado de 2º B do CS de Educación Infantil, no seu proceso de aprendizaxe, participou na elaboración da campaña "O teu corpo, as túas regras" que pretende desafiar prexuízos e mitos vixentes na sociedade que o patriarcado impón sobre a menstruación. Invítanos a reflexionar sobre a necesidade de pensar o corpo como espazo de coidado e a dignificar unha condición biolóxica agachada por séculos. #8M