arriba
Venres, 24-Marzo-2023

 

 
PortadaseparatorActividadesseparatorHerminia reabrea a Tafona para o alumnado do CIFP Portovello


Venres, 17-Marzo-2023
Herminia reabrea a Tafona para o alumnado do CIFP Portovello - Foto

Herminia reabrea a Tafona para o alumnado do CIFP Portovello

O alumnado do 2º curso de Atención a persoas en situación de dependencia, aproveitou a súa visita a Ribadavia, para coñecer e escoitar a Herminia, unha muller emprendedora e pioneira, que nos recibe co mandil posto e coa amabilidade natural de quen atendeu a quen entraba pola porta, durante catro décadas.
No que fora a súa tafona, descubrimos que esta muller xa xubilada, natural de Francelos, erguíase diariamente ás 2:00 da madrugada para cocer os seus doces sefardís e só pechaba a porta, cando xa non tiña máis que vender. Iniciouse na repostería de maneira autodidácta e atesoura un recetario chegado de distintas partes do mundo.
Herminia, tamén formou parte da primeira Coordinadora da Festa da Historia, despois de participar na Escola Taller “San Andrés”, alá polo 1989. Comenta que sempre encontrou tempo para participar da festa, sen deixar de atender o seu forno.
Despois de curiosear nos seus recortes de xornais, cartas, fotos, mobiliario, cestos e obxectos que colgan das paredes, saimos da tafona sen doces, pero co bo sabor de boca que deixa escoitar a alguén importante, alguén que garda un tesouro único porque é o saber de toda unha vida.
Obrigadas, Herminia!


Herminia reabrea a Tafona para o alumnado do CIFP Portovello - Foto 2
Herminia reabrea a Tafona para o alumnado do CIFP Portovello - Foto 3


Mais noticias...