Pedagoxía da Luz
Os días 6 e 7 de maio, durante a fin de semana, tivo lugar no noso centro a actividade formativa denominada “Pedagoxía da Luz” na que participou profesorado e alumnado do departamento de Servizos socioculturais e á comunidade.
Jennifer Silvente González (Ver Pensar Sentir) fixo de guía na exploración, descubrimento e reflexión da Pedagoxía da Luz como metodoloxía de traballo no eido da infancia.
Formación vivencial e activa, na que a través da manipulación de materiais e realización de propostas, alumnado e profesorado puido achegarse ás bases da pedagoxía da luz e a creación de espazos e ambientes para a exploración libre da infancia.