arriba
Venres, 22-Setembro-2023

 

 
PortadaseparatorActividadesseparatorInauguración do Espazo Xesús Fortes


Xoves, 25-Maio-2023
Inauguración do Espazo Xesús Fortes - Foto

Inauguración do Espazo Xesús Fortes

Este mes de maio, o Departamento de Servizos socioculturais e á comunidade, dentro do Proxecto de Humanización de espazos, inaugurou o espazo de horta, asignándolle o nome do seu impulsor, Xesús Fortes, docente do CIFP Portovello até o pasado curso. O “Espazo Xesús Fortes” será un espazo para seguir sementando os valores que el transmitiu como docente.
O Proxecto de Humanización dos espazos, posto en marcha polo propio Xesús, inaugura cada curso académico un espazo do centro, desde o curso 2015/2016. Nesta ocasión, o espazo escollido para a inauguración foi a horta do centro. Un espazo que engloba 3 puntos chave: os bancais de cultivo, a zona de prantas aromáticas e o estanque, e que está sendo coidado cos grupos de primeiros cursos do Departamento.
Este acto contou na organización do mesmo coa colaboración dun grupo de alumnado de 1º de APSD.


Inauguración do Espazo Xesús Fortes - Foto 2
Inauguración do Espazo Xesús Fortes - Foto 3
Inauguración do Espazo Xesús Fortes - Foto 4
Inauguración do Espazo Xesús Fortes - Foto 5
Inauguración do Espazo Xesús Fortes - Foto 6
Inauguración do Espazo Xesús Fortes - Foto 7


Mais noticias...