
Halloween no Portovello
O Departamento de Idiomas levou a cabo varias actividades durante os días previos á festividade do Samaín/Halloween.
O alumnado de 1º curso dos Ciclos das familias de Administración, Comercio e Servizos á Comunidade participou nun obradoiro de “ORIGAMI PAPER CRAFT” no que seguindo tutoriais en video amosaron as súas habilidades elaborando decoracións con papel de elementos relacionados con Halloween coma morcegos, pantasmas, caveiras, gatos, etc. Aquí podedes ver unha mostra dalgunhas das súas creacións.
O alumnado de 2º curso do ciclo de Asistencia a Dirección realizou un obradoiro coa mesma temática na aula de alemán.
HAPPY HALLOWEEN!!