arriba
Mércores, 29-Novembro-2023

 

 
PortadaseparatorActividadesseparatorPrácticas no Gadis Hiper do alumnado de APSD


Martes, 14-Novembro-2023
Prácticas no Gadis Hiper do alumnado de APSD - Foto

Prácticas no Gadis Hiper do alumnado de APSD

Unha das tarefas máis importantes da auxiliar de axuda no fogar é apoiar ás unidades de convivencia na planificación de menús saudábeis, a selección de alimentos e a realización das compras.
Para por iso en práctica, contamos coa complicidade de Carmen, encargada do Gadis Hiper - CC Ponte Vella, que facilitou a actividade do grupo de Atención a persoas en situación de dependencia.
A actividade consistiu nun desafío por pequenos grupos: realizar unha compra determinada nun listado, cun orzamento limitado e con criterios de consumo responsábel. Todos os grupos superaron o desafío e contaron coa axuda do persoal do hiper para solucionar as dúbidas.
Agora só temos que familiarizarnos coa compra online, unha magnífica opción para algunhas persoas en situación de dependencia da nosa cidade.


Prácticas no Gadis Hiper do alumnado de APSD - Foto 2


Mais noticias...