arriba
Sábado, 26-Maio-2018

 

 
PortadaseparatorActividadesseparatorPrograma EDUEMPRENDE-Actúa


Programa EDUEMPRENDE-Actúa


Luns, 31-Xullo-2017

Actividade posta en marcha por parte da Consellería de Educación e OU, en colaboración co IGAPE, dentro do Programa EDUEMPRENDE-Actúa, e que se vai desenvolver no noso Centro co título: A actividade emprendedora como chave para o teu futuro.

Con esta actuación trátase de visualizar o emprendemento entre o alumnado como unha opción clara de empregabilidade.

É unha acción formativa dirixida ao alumnado dos ciclos formativos e de bacharelato que estean a cursar Economía, dos centros sostidos con fondos públicos de Galicia, para que poñan en valor o seu talento emprendedor como ferramenta para o seu desenvolvemento persoal.

Participará un técnico do IGAPE e varios emprendedores relacionados con noso centro que compartirán co alumnado a súa experiencia persoal

  • EQUIPOEME, empresa que formou parte do noso Viveiro de empresas e agora crearon MAGMA ESPACIO, un espazo de coworking en Ourense.
  • LAR, empresa que se está incorporando en estos momentos ó noso Viveiro.

 

  • Data da actividade: 05.02.2014
  • Hora: de 9:30 a 11:30


Outras actividades...