arriba
Domingo, 3-Marzo-2024

 

 
PortadaseparatorActividadesseparatorO alumnado de 1º do Ciclo Medio de Comercialización de Produtos Alim...


Martes, 23-Xaneiro-2024
O alumnado de 1º do Ciclo Medio de Comercialización de Produtos Alimentarios visita as instalacións do Grupo Cuevas - Foto

O alumnado de 1º do Ciclo Medio de Comercialización de Produtos Alimentarios visita as instalacións do Grupo Cuevas

O alumnado de 1º do Ciclo Medio de Comercialización de Produtos Alimentarios, acompañado de profesorado do CIFP Portovello, tivo a oportunidade de coñecer as orixes e o futuro do Grupo Cuevas. Da man de Marta Cid Vidal, Directora de Márketing e Comunicación, exploraron a historia do Grupo desde os seus inicios como pequeno negocio familiar de alimentación, na actual rúa Progreso de Ourense, no que a visión de futuro de Francisco das Cuevas sementou a orixe do que hoxe é o Grupo Cuevas.

A segunda parte da visita estivo dedicada ao estudo da loxística e almacenamento. José Antonio Mourille, director de loxística do grupo, foi o encargado de mostrarlles a plataforma en pleno funcionamento, así como os sistemas de xestión e loxística que actualmente utilizan no seu almacén, como o picking por voz ou o cros-docking.


O alumnado de 1º do Ciclo Medio de Comercialización de Produtos Alimentarios visita as instalacións do Grupo Cuevas - Foto 2
O alumnado de 1º do Ciclo Medio de Comercialización de Produtos Alimentarios visita as instalacións do Grupo Cuevas - Foto 3


Mais noticias...