Algunhas das mentes máis creativas e inquietas do CIFP Portovello traballan arreo para dar solucións innovadoras para o InnovaTech FP
Algunhas das mentes máis creativas e inquietas do CIFP Portovello están a traballar arreo para dar solucións de #emprendemento novedosas aos retos propostos por El Pulpo, Roberto Verino e a Fundación San Rosendo no InnovaTech FP.
O programa InnovaTech FP ten como obxectivo principal impulsar a innovación tecnolóxica e o emprendemento industrial, fomentando a creación de empresas de base tecnolóxica entre o alumnado de Formación Profesional.
Para logralo, o alumnado de Formación Profesional enfróntase á resolución de 10 retos tecnolóxicos expostos por empresas, cuxas solucións deberán xerar un impacto positivo no desenvolvemento do medio rural.
O alumnado participante afronta os retos propostos traballando en equipos multidisciplinares e cunha distribución equitativa de xénero entre os seus membros. Deste xeito preténdese integrar perfís profesionais complementarios, á vez que se se promove a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.