Tools for English in the Classroom!
O grupo do Coffee Chat do CIFP Portovello ven de desenvolver unha sesión sobre ferramentas en inglés para as clases. Entre a oferta educativa do centro atópanse os ciclos plurilingües que dan resposta a un mercado laboral que cada vez demanda máis profesionais que dominen esta lingua. De seguro que esta sesión foi de proveito para o profesorado asistente! 👩🏫👨🏫🤩