arriba
Xoves, 30-Maio-2024

 

 
PortadaseparatorActividadesseparatorAFD Operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais (ADGG...


Venres, 26-Abril-2024
AFD Operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais (ADGG0408 ) - Foto

AFD Operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais (ADGG0408 )

Actividade subvencionada de carácter público financiada por:

 img#85048  img#85048

Programa da acción formativa

Modalidad: Presencial

Data de inicio: 26/04/2024

Data fin: 13/09/2024

Módulos impartidos:

Técnicas administrativas básicas de oficina 150
Organización empresarial e de recursos humanos 30 26 de abril a 3 de maio
Xestión auxiliar da correspondencia e paquetería na empresa 30 6 a 10 de maio
Xestión auxiliar de documentación económico-administrativa e comercial 90 13 de maio a 4 de xuño
Operacións básicas de comunicación 120
Comunicación nas relacións profesionais 50 5 a 17 de xuño
Comunicación oral e escrita na empresa 70 17 de xuño a 2 de xullo
Reprodución e arquivo 120
Xestión auxiliar de arquivo en soporte convencional ou informático 60 3 a 16 de xullo
Xestión auxiliar de reprodución en soporte convencional ou informático 60 17 a 31 de xullo
Módulos transversais 18
Inserción laboral, sensibilización medioambiental e na igualdade de xénero 10 2 a 3 de setembro
Formación para a igualdade 8 3 a 4 de setembro
Prácticas 40
Operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais 40 8 a 13 de setembro

Horarios:

  • 26 de abril de 16:00 a 22:00
  • Do 29 de abril ao 21 de juño de 15:30 a 21:30.
  • Do 24 de xuño ao 31 de xullo de 8:30 a 14:30
  • Del 2 al 4 de septiembre de 8:30 a 14:30
  • Del 9 al 13 de septiembre, horario da empresa.

Dereitos e deberes do alumnado

    1. A formación será gratuíta para todo o alumnado participante nas accións formativas realizadas ao abeiro desta orde.
    2. As persoas que xa cursasen con aproveitamento algún módulo formativo daqueles que integran a especialidade que estean realizando, non poderán volver a realizalo, sempre que esa formación sexa acreditable para os efectos da obtención dos certificados de profesionalidade.
    3. O alumnado desempregado que cumpra os requisitos establecidos pola correspondente normativa reguladora terá dereito a percibir as axudas ou bolsas que estableza a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para as persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego (procedemento TR301V). Para estes efectos, será de aplicación o disposto no artigo 21.25 en relación co alumnado que iniciase e teña pendente de resolución un proceso de homologación de títulos e estudos estranxeiros, e con aqueles colectivos que poidan determinarse como beneficiarios mediante a oportuna instrución da Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación.
    4. O alumnado que resulte seleccionado para unha acción formativa regulada por esta orde non poderá asistir simultaneamente a ningunha outra subvencionada con fondos públicos. Será excepción a este criterio a asistencia a cursos de formación non formal, suposto en que poderá asistir simultaneamente a ata un máximo de dúas accións formativas, sempre que exista compatibilidade horaria entre ambas as actividades e que a convocatoria da programación de formación non formal permita a dita simultaneidade. As persoas alumnas non poderán causar baixa nun curso financiado dentro desta programación para accederen a outra acción formativa financiada con fondos públicos, salvo autorización expresa previa da persoa titular da xefatura territorial competente e por causas excepcionais debidamente xustificadas. As entidades beneficiarias informarán a todo o alumnado desta incompatibilidade antes do comezo de cada acción formativa a través dun medio, que se incorporará ao expediente electrónico recollido en SIFO, que permita acreditar e deixar constancia de tal comunicación.
    5. O alumnado participante terá a obriga de:
      • Asistir e seguir con aproveitamento a impartición das accións formativas.
      • Rexistrar a súa asistencia e seguimento da acción formativa mediante o uso daqueles sistemas de control autorizados nesta orde para as distintas modalidades de impartición e que, para tales efectos, aplique a entidade formadora.
      • Facilitar, segundo o disposto no artigo 19 desta orde e nos prazos que nela se establecen, a documentación que lle ten que ser requirida pola entidade de formación, entre a cal se encontra a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos de acceso para realizar a formación ou de ter iniciado e pendente de resolución un proceso de homologación de títulos estranxeiros e, de ser o caso, a documentación acreditativa necesaria para a exención dun módulo formativo, do módulo de prácticas profesionais non laborais ou dalgún módulo transversal.
      • Responder ao formulario da enquisa de avaliación da calidade da acción formativa que se lle remitirá por vía telemática ao remate da acción formativa ou, de ser o caso, se lle entregará en soporte papel para a súa cobertura.
      • De ser o caso, salvagardar o carácter persoal e intransferible das chaves de acceso á plataforma de teleformación que lle proporcione a entidade de formación.
    6. As alumnas e as alumnos deberán ser dados de baixa nunha acción formativa cando se dea algunha das seguintes causas de exclusión:
      1. Incumprimento da prohibición de simultanear accións formativas de formación para o emprego nos termos recollidos no artigo 22.4 desta orde. Neste caso, a exclusión aplicarase na acción ou accións formativas en que a persoa alumna se incorporase máis recentemente.
      2. Incumprimentos de asistencia na modalidade presencial ou na parte presencial das
        modalidades mixta e de teleformación:
        • Incorrer en máis de tres faltas de asistencia non xustificadas ao mes. Para estes efectos, terán a consideración de faltas xustificadas as que a seguir se relacionan:
          • Enfermidade ou accidente acreditados.
          • Consulta médica propia ou de familiares ata o primeiro grao ou persoas ao seu cargo.
          • Nacemento de fillo ou filla e supostos de acollemento ou adopción.
          • Falecemento, accidente ou enfermidade grave dun familiar ata o segundo grao. Ata dous (2) días hábiles na mesma localidade e tres (3) días hábiles en distinta localidade.
          • Contratación laboral que permita compatibilizar a asistencia á acción formativa ata completar o 75 % de horas lectivas.
          • Asistencia a exames finais e a outras probas de aptitude, de carácter oficial.
          • Citación administrativa ou xudicial.
          • Permiso por violencia de xénero.
          • As actividades vinculadas coa conciliación familiar por coidado de fillas/os e/ou persoas acollidas menores de doce (12) anos ou de familiares dependentes ata o segundo grao ao cargo da persoa alumna, sempre que resulten acreditados debidamente tanto a causa como o vínculo familiar nos termos da normativa aplicable.
          • Entrevista de traballo, polo tempo indispensable para a súa realización.

A xustificación das faltas deberá facerse mediante documentos ou calquera outro medio que acredite de modo fidedigno o motivo da non asistencia.

As persoas alumnas disporán dun prazo de tres (3) días lectivos para presentaren na entidade de formación os xustificantes das súas faltas de asistencia. Unha vez transcorrido este prazo sen que os presentasen, a falta será considerada como sen xustificar.

As faltas de asistencia por actividade laboral, cun máximo de vinte e cinco (25) horas ao mes, xustificaranse cunha copia do contrato de traballo e a acreditación documental suficiente de superposición do horario laboral co horario lectivo.

          • Incorrer en sete incumprimentos horarios nun mes, sen xustificación.

Entenderase por incumprimento horario cando, sen causa xustificada, a suma dos minutos de atraso na hora de entrada, da saída con antelación e das ausencias durante parte das horas lectivas sexa superior a quince (15) minutos por cada día lectivo.

A xustificación dos incumprimentos horarios deberá facerse mediante documentos ou calquera outro medio que acredite de modo fidedigno o motivo. As persoas alumnas disporán dun prazo de tres (3) días lectivos para presentaren os xustificantes na entidade de formación. Unha vez transcorrido este prazo sen que os presentasen, a falta será considerada como sen xustificar.

        • III. A impartición da formación mediante aula virtual entenderase como formación presencial.
    1. Incumprimentos de seguimento na modalidade de teleformación ou na parte de teleformación da modalidade mixta:
      1. Non realizar as probas e avaliacións da acción formativa ou incorrer en incumprimento reiterado na súa realización efectuándoas fóra do prazo establecido para o efecto, sempre e cando dito incumprimento supere o 25 % do número de controis programados. A entidade impartidora da acción formativa fará efectiva a baixa da persoa participante o día lectivo seguinte a aquel en que o alumno ou a alumna acade o grao de incumprimento referido nas letras a), b) ou c).
  1. Serán motivos de exclusión por causas disciplinarias ou de aproveitamento da formación os seguintes:
    I. Atentar contra os dereitos das persoas alumnas, do persoal docente ou da entidade
    formadora.
    II. A falta de aproveitamento da acción formativa ou mostrar un comportamento indebido
    que dificulte o seu normal desenvolvemento.xustificar.

III. Negarse a efectuar os controis biométricos de asistencia ou os que procedan segundo a modalidade de impartición.

IV. Non entregar a documentación necesaria para dar cumprimento á normativa aplicable requirida pola entidade formadora ou a unidade administrativa correspondente.

V. Non cumprir nin respectar as medidas de seguridade e saúde establecidas polas autoridades competentes para facer fronte, de ser o caso, a emerxencias sanitarias, así como as debidas normas de hixiene e salubridade.

O procedemento que se seguirá para dilucidar se procede a exclusión por causas disciplinarias será o seguinte:
• O proceso iniciarase mediante solicitude debidamente motivada presentada pola entidade formadora.
• No prazo de cinco (5) días hábiles desde a presentación da solicitude, a persoa proposta para exclusión será obxecto de audiencia polo órgano instrutor, o Servizo de Formación para o Emprego e Orientación da xefatura territorial da provincia en que teña lugar a acción formativa en cuestión, logo da cal esta unidade formulará a súa proposta de resolución.
• A resolución corresponderalle á persoa titular da xefatura territorial competente.
• Durante a tramitación do procedemento, a persoa alumna que o motiva poderá ser suspendida de asistencia á acción formativa ata a notificación da resolución definitiva, que non pon fin á vía administrativa, contra a cal poderán interpor recurso de alzada as persoas interesadas.

Relación do persoal docente

CAMPOS LÓPEZ, RITA

FCOO03: INSERCIÓN LABORAL, SENSIBILIZACIÓN MEDIOAMBIENTAL E NA IGUALDADE DE XÉNERO

FCOXXX24: Formación para a igualdade

GOMEZ PEREZ, PABLO

UF0520: Comunicación nas relacións profesionais

UF0514: Xestión auxiliar de reprodución en soporte convencional ou informático

COUSO DOMINGUEZ, BIENVENIDO UF0513: Xestión auxiliar de arquivo en soporte convencional ou informático
FEIJOO RUIZ, ANA

UF0518: Xestión auxiliar da correspondencia e paquetería na empresa

UF0519: Xestión auxiliar de documentación económico-administrativa e comercial

UF0521: Comunicación oral e escrita na empresa

IGLESIAS GONZÁLEZ, ESTELA UF0517: Organización empresarial e de recursos humanos
PORTO VAZQUEZ, ROSA UF0518: Xestión auxiliar da correspondencia e paquetería na empresa
FERNANDEZ PEREZ-GOROSTIAGA, EMILIANO UF0513: Xestión auxiliar de arquivo en soporte convencional ou informático
DOMINGUEZ BAÑOS, VICTOR JOSE

UF0520: Comunicación nas relacións profesionais

UF0521: Comunicación oral e escrita na empresa

POSADA ENRIQUEZ, JOSE UF0514: Xestión auxiliar de reprodución en soporte convencional ou informático
PARDO SANTISO, MªCARMEN

UF0517: Organización empresarial e de recursos humanos

UF0519: Xestión auxiliar de documentación económico-administrativa e comercial



Mais noticias...