arriba
Sábado, 2-Novembro-2024

 

 
PortadaseparatorActividadesseparatorQue camiño seguir cando rematas 4º da ESO?


Martes, 21-Maio-2024
Que camiño seguir cando rematas 4º da ESO?
 - Foto

Que camiño seguir cando rematas 4º da ESO?

Ao longo da etapa da educación secundaria o alumnado debe de tomar varias decisións que afectarán ao seu futuro académico. As charlas de orientación educativa son unha maneira efectiva de que o alumnado coñeza as diferentes posibilidades que están ao alcance da súa man e podan tomar unha decisión acertada. Por este motivo, persoal de orientación e dinamizadores de DUAL do CIFP Portovello, CIFP A Farixa e CIFP A Carballeira visitaron ao alumnado de 4º da ESO do CPI Antonio Failde de Cambeo para informar sobre a Formación Profesional. Sen lugar a dúbidas a #FP e a #FPDual son alternativas que se adaptan moi ben ao alumnado que quere especializarse nalgún sector en particular. Concretamente o CIFP Portovello ofrece varios ciclos nas familias de administración e xestión, comercio e márketing e servicios socioculturais e comunitarios. Botádelle un ollo a nosa oferta educativa na nosa páxina web! 

#FPGalicia

www.edu.xunta.gal/fp


Que camiño seguir cando rematas 4º da ESO?
 - Foto 2
Que camiño seguir cando rematas 4º da ESO?
 - Foto 3


Mais noticias...