arriba
Martes, 18-Xuño-2024

 

 
PortadaseparatorActividadesseparatorDe Erasmus por Italia!


Martes, 28-Maio-2024
De Erasmus por Italia!
 - Foto

De Erasmus por Italia!

Durante os meses de abril e maio profes do CIFP Portovello puideron realizar varias mobilidades Erasmus+ KA121 dentro dun proxecto da Consellería de Educación por distintas localidades de Italia. ✈️🚅
Jose Manuel viaxou ata a cidade de Forlì para coñecer a labor sanitaria e as metodoloxías de traballo das entidades sociais desa cidade. Alí puido visitar centros de día, residencias e outras respostas asistenciais que atenden a persoas en situación de dependencia. A súa misión foi aprender, compartir coñecementos e establecer lazos de colaboración. Tamén tivo a oportunidade de facer seguimento do alumnado do Ciclo de Atención a Persoas en Situación de Dependencia que está a realizar a FCT (Formación en Centros de Traballo) nesa mesma localidade. 🔍📸
Roberto, pola súa parte, viaxou ata a cidade de Parma para visitar a cooperativa social Ecole. Esta entidade traballa en temas como a mocidade, o medio ambiente, a creatividade e a integración social. No mesmo contexto, visitou ao departamento de mocidade do municipio de Para, especialmente a oficina de información "informaGiovani" para coñecer a súa candidatura para ser a capital europea da mocidade no ano 2027. O obxectivo da visita foi coñecer as respostas e as metodoloxías de traballo de Ecole, así como establecer canles para futuras cooperacións. 🧳✏️
E Marta, pola súa banda, estivo en Florencia onde realizou un curso de IA para CLIL denominado "Planificación, recursos e instrumentos de avaliación". Ademais das clases teóricas na academia Erasmus Teacher, tamén realizou unha visita a un centro onde se empregan este tipo de aplicacións e instrumentos na educación.✔️🆒
De seguro que foron unhas experiencias enriquecedoras e inesquecibles!!!
#Erasmus+ #KA121 #CIFPPortovello #Educación #informagiovaniParma #FPGalicia #Florencia #Firenze #Parma #Forli #profesdeerasmus


De Erasmus por Italia!
 - Foto 2
De Erasmus por Italia!
 - Foto 3
De Erasmus por Italia!
 - Foto 4
De Erasmus por Italia!
 - Foto 5
De Erasmus por Italia!
 - Foto 6


Mais noticias...