arriba
Martes, 23-Xullo-2024

 

 
PortadaseparatorActividadesseparatorInauguramos a aula “Suso Jares” 🍾🎀


Xoves, 20-Xuño-2024
Inauguramos a aula “Suso Jares” 🍾🎀
 - Foto

Inauguramos a aula “Suso Jares” 🍾🎀

Fai uns días realizamos a presentación da aula “Suso Jares”, organizada polo Departamento de Servizos á Comunidade, dentro do proxecto de "humanización dos espazos". ✨
Foi unha mañá chea de actividades enriquecedoras; comezando coa presentación da figura de “Suso Jares”, unha persoa que deixou unha pegada imborrable no noso centro. 🌀🤩 Ademais, elaboramos unha entrada na wikipedia galega para honrar a súa memoria. Seguimos coa presentación do Punto Laranxa contra o acoso escolar, da Comisión de Benestar e Convivencia do centro, un espazo dedicado ao apoio e á solidariedade entre compañeiros.
Tivemos tamén un momento moi especial coa presentación da figura profesional do Técnico/a Superior en Animación Sociocultural e Turística, onde conversamos con antigos alumnos e alumnas que compartiron as súas experiencias e consellos.
E para rematar, disfrutamos dunha sesión de xogos cooperativos e de educación para a paz, organizados polo noso talentoso alumnado de Animación Sociocultural. Queremos agradecer a todas as persoas participantes da nosa comunidade educativa por facer deste acto unha realidade tan inspiradora! 🔥🔥


Inauguramos a aula “Suso Jares” 🍾🎀
 - Foto 2
Inauguramos a aula “Suso Jares” 🍾🎀
 - Foto 3
Inauguramos a aula “Suso Jares” 🍾🎀
 - Foto 4
Inauguramos a aula “Suso Jares” 🍾🎀
 - Foto 5


Mais noticias...