Coidados para coidadoras
O ciclo plurilingüe en portugués de Atención a Persoas en Situación de Dependencia do #CIFPPortovello, tivo a oportunidade de participar en dúas sesións organizadas pola cooperativa "Xeracción", as cales foron conducidas por Mari Fidalgo, psicóloga, en portugués do Brasil, aprendendo e practicando nesta lingua, a importancia do autocoidado. A actividade, mediante a metodoloxía da Biodanza STR, tratou de achegar a importancia do propio benestar ás futuras coidadoras.