arriba
Mércores, 8-Abril-2020

 

 
PortadaseparatorCiclo Medio Actividades Comerciais- Distancia


Ciclo Medio Actividades Comerciais- Distancia

Duración: 2000 horas


Saídas profesionais


Vendedor/ora
Vendedor/ora técnico/a
Representante comercial
Orientador/ora comercial
Promotor/ora
Televendedor/ora
Vendedor/ora a distancia
Teleoperador/ora (en "call centers")
Axente de información e atención á clientela
Caixeiro/a ou repoñedor/ora
Operador/ora de "contact centers"
Administrador/ora de contidos en liña
Comerciante de tenda
Xerente de pequeno comercio
Técnico/a en xestión de existencias e almacén
Xefe/a de almacén
Responsable de recepción de mercadorías
Responsable de expedición de mercadorías
Técnico/a en loxística de almacéns
Técnico/a de información e atención á clientela en empresas.
Acceso a outros estudos
Preparación para realizar a proba de acceso a ciclos de grao superior

Bacharelato

Módulos profesionais ofertados no curso 2018/2019:

Módulos profesionaisHoras
Inglés 160
Aplicacións informáticas para o comerico 133
Márketing na actividade comercial 160
Comercio electrónico 123

Aspectos á ter en conta para a matrícula


Debido ás particularidades desta modalidade de estudos é importante ter en conta algúns aspectos á hora de realizar a matrícula dos módulos profesionais:

A estimación do mínimo de adicación semanal necesaria é de 4 horas para un módulo cunha duración de 100 horas.
Lembre que matricularse de máis módulos dos que pode atender:
1) Supón unha carga excesiva de traballo que lle pode levar ao abandono de todos os módulos. 2) Aínda que abandone soamente algúns, consume convocatorias (só ten 4 por módulo). 3) As prazas son limitadas. Se se matricula de todos os módulos e despois abandona algún ou todos, está perxudicando, ademais de a a vostede mesma, a outras persoas solicitantes que quedaron sen praza.

Horario


As titorías e as probas presenciais desenvólvense no edificio A (Luis Trabazos, 1), de 16:00 horas a 22:30 horas, segundo os horarios que serán publicados para cada módulos profesional.

Máis información


Currículo do ciclo formativo de grao medio correspondente ao título de técnico en actividades comerciais

Formación en centros de traballo