Ciclo medio de Xestión Administrativa
Duración: 2000 horas
Saídas profesionais
Este profesional exerce a súa actividade en empresas grandes, medianas e pequenas, en calquera sector de actividade e nomeadamente no de servizos, así como nas administracións públicas, ofrecendo apoio administrativo nas tarefas de administración e xestión das referidas empresas e institucións, e prestándolle atención á clientela e á cidadanía. As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:
- Auxiliar administrativo/a.
- Axudante de oficina.
- Auxiliar administrativo/a de cobramentos e pagamentos
- Administrativo/a comercial.
- Auxiliar administrativo/a de xestión de persoal
- Auxiliar administrativo/a das administracións públicas.
- Recepcionista.
- Empregado/a de atención á clientela.
- Empregado/a de tesouraría.
- Empregado/a de medios de pagamento.
Acceso a outros estudos
Bacharelato
Módulos profesionais de primeiro ano
Módulos Profesionais | Horas |
---|---|
Inlés | 160 |
Operacións administrativas da compravenda |
133 |
Tratamento informático da información | 267 |
Técnica contable | 133 |
Operacións auxiliares de xestión de tesouraría |
160 |
Formación e orientación laboral | 107 |
Módulos profesionais de segundo ano
Módulos Profesionais | Horas |
---|---|
Comunicación empresarial e atención á clientela | 123 |
Empresa e Administración | 123 |
Operacións administrativas de recursos humanos | 123 |
Tratamento da documentación contable | 105 |
Empresa na aula | 156 |
Formación en centros de traballo | 410 |
Horario
8:30 horas – 15:00 horas