Ciclo superior de Administración e Finanzas
Duración: 2000 horas
Saídas profesionais
Ao rematar o ciclo poderás traballar por conta propia ou allea, en empresas grandes, medianas ou pequenas e en calquera sector de actividade. Desempeñaras tarefas administrativas na xestión e no asesoramento nas áreas laboral, comercial, contable e fiscal desas empresas e institucións, ofrecéndolles un servizo e atención á clientela e á cidadanía, realizando trámites administrativos coas administracións públicas e xestionando o arquivo e as comunicacións da empresa. Poderás asemade, traballar por conta propia, efectuando a xestión da túa propia empresa, ou a través do exercicio libre dunha actividade económica, como nunha asesoría financeira ou laboral, estudos de proxectos, etc As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:
- Administrativo/a de oficina.
- Administrativo/a comercial.
- Administrativo/a financeiro/a.
- Administrativo/a contable.
- Administrativo/a de loxística.
- Administrativo/a de banca e de seguros.
- Administrativo/a de recursos humanos.
- Administrativo/a da Administración pública.
- Administrativo/a de asesorías xurídicas, contables, laborais e fiscais, ou xestorías.
- Técnico/a en xestión de cobramentos.
- Responsable de atención á clientela.
Acceso a outros estudos
- O título de técnico superior en administración e finanzas permite o acceso directo para cursar calquera outro ciclo formativo de grao superior, nas condicións de acceso que se establezan.
- Este título permite o acceso directo ás ensinanzas conducentes aos títulos universitarios de grao nas condicións de admisión que se establezan.
- Para os efectos de facilitar o réxime de validacións entre este título e as ensinanzas universitarias de grao, asígnanse 120 créditos ECTS distribuídos entre os módulos profesionais deste ciclo formativo.
Módulos profesionais de primeiro ano
Módulos Profesionais | Horas |
---|---|
Inglés | 160 |
Xestión da documentación xurídica e empresarial | 80 |
Ofimática e proceso da información | 240 |
Proceso integral da actividade comercial | 133 |
Comunicación e atención á clientela | 160 |
Recursos humanos e responsabilidade social corporativa | 80 |
Formación e orientación laboral | 107 |
Módulos profesionais de segundo ano
Módulos Profesionais | Horas |
---|---|
Xestión de recursos humanos | 105 |
Xestión financeira | 123 |
Contabilidade e fiscalidade | 157 |
Xestión loxística e comercial | 105 |
Simulación empresarial | 140 |
Proxecto de administración e finanzas. | 26 |
Formación en centros de traballo | 384 |
Horario
8:30 horas – 15:00 horas As actividades lectivas desenvólvense no edificio A (Rúa Luis Trabazos, 1)