arriba
Luns, 9-Decembro-2019

 

 
PortadaseparatorCiclo superior de Asistente de Direccion


Ciclo superior de Asistente de Direccion

Duración: 2000 horas

Saídas profesionais

Este técnico pode realizar e desenvolver a súa profesión en calquera departamento dunha empresa ou organismo público ou privado, na área de servizos, especialmente en oficinas e despachos profesionais; na Administración Pública, xa sexa central, autonómica ou local. As súas funcións varían segundo o centro de traballo e o nivel do órgano de xestión ó que este profesional estea adscrito.

Acceso a outros estudos

  • Mestre (en tódalas súas especialidades).
  • Diplomado en Biblioteconomía e Documentación.
  • Diplomado en Ciencias Empresariais.
  • Diplomado en Educación Social.
  • Diplomado en Estatística.
  • Diplomado en Xestión e Administración Pública.
  • Diplomado en Relacións Laborais.
  • Diplomado en Traballo Social.
  • Diplomado en Turismo.
  • Enxeñeiro Técnico en Informática de Xestión.
  • Enxeñeiro Técnico en Informática de Sistemas.

Módulos profesionais de primeiro ano

Módulos ProfesionaisHoras
Inglés 160
Xestión da documentación xurídia empresarial  80
Ofimática e proceso da información 240
Proceso integral da actividade comercial 133
Comunicación e atención á clientela 160
Recursos Humanos e Responsabilidade Social Corporativa  80
Formación e orientación laboral (impartido en Inglés) 107

Módulos profesionais de segundo ano

Módulos profesionaisHoras
Segunda lingua estranxeira 157
Protocolo empresarial 158
Organización de eventos empresariais 158
Xestión avanzada da información 157
Proxecto de Asistencia á Dirección  26
Formación en centros de traballo 384

 Información relevante.

O modulo de FOL Impartese en ingles ao ser un ciclo acollido a modalidade de ciclo plurilingüe (convocatoria 2018-2019)

Horario

8:30 horas – 15:00 horas

Máis información

Currículo do antigo  ciclo formativo de grao medio correspondente ao título de técnico superior en secretariado

Currículo do ciclo formativo correspondente ao título de técnico superior en asistencia á dirección

Formación en centros de traballo