arriba
Domingo, 25-Outubro-2020

 

 
PortadaseparatorCiclo medio de xestión administrativa


Ciclo medio de xestión administrativa

Duración: 2000 horas

Saídas profesionais

Este profesional exerce a súa actividade en empresas grandes, medianas e pequenas, en calquera sector de actividade e nomeadamente no de servizos, así como nas administracións públicas, ofrecendo apoio administrativo nas tarefas de administración e xestión das referidas empresas e institucións, e prestándolle atención á clientela e á cidadanía. As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:

  • Auxiliar administrativo/a.
  • Axudante de oficina.
  • Auxiliar administrativo/a de cobramentos e pagamentos
  • Administrativo/a comercial.
  • Auxiliar administrativo/a de xestión de persoal
  • Auxiliar administrativo/a das administracións públicas.
  • Recepcionista.
  • Empregado/a de atención á clientela.
  • Empregado/a de tesouraría.
  • Empregado/a de medios de pagamento.

Acceso a outros estudos

Bacharelato

Módulos profesionais de primeiro ano

Módulos ProfesionaisHoras
Inglés 160
Operacións administrativas da compravenda 133
Tratamento informático da información 267
Técnica contable 133
Operacións auxiliares de xestión de tesouraría 160
Formación e orientación laboral 107

Módulos profesionais de segundo ano

Módulos ProfesionaisHoras
Comunicación empresarial e atención á clientela 123
Empresa e Administración 123
Operacións administrativas de recursos humanos 123
Tratamento da documentación contable 105
Empresa na aula 156

O módulo profesional de Formación en centros de traballo (410 h.) poderá ser cursado, previa matrícula, unha vez superados todos os módulos de formación no centro educativo, recollidos nas táboas anteriores.

Aspectos á ter en conta para a matrícula

Debido ás particularidades desta modalidade de estudos é importante ter en conta algúns aspectos á hora de realizar a matrícula dos módulos profesionais:

  • A estimación do mínimo de adicación semanal necesaria é de 4 horas para un módulo cunha duración de 100 horas.
  • Lembre que matricularse de máis módulos dos que pode atender:

1) Supón unha carga excesiva de traballo que lle pode levar ao abandono de todos os módulos. 2) Aínda que abandone soamente algúns, consume convocatorias (só ten 4 por módulo). 3) As prazas son limitadas. Se se matricula de todos os módulos e despois abandona algún ou todos, está perxudicando, ademais de a a vostede mesma, a outras persoas solicitantes que quedaron sen praza.

Horario

As titorías  e as probas  presenciais  desenvólvense no edificio A (Luis Trabazos, 1), de 16:00 horas a 22:30 horas, segundo os horarios que serán publicados para cada módulos profesional.

Máis información

Currículo do ciclo formativo de grao medio correspondente ao título de técnico en xestión administrativa

Formación en centros de traballo