arriba
Sábado, 10-Xuño-2023

 

 
PortadaseparatorAdministración e xestiónseparatorCiclo superior de administración e finanzas (distancia)


Ciclo superior de administración e finanzas (distancia)

Duración: 2000 horas

Saídas profesionais

Ao rematar o ciclo poderás  traballar por conta propia ou allea, en empresas grandes, medianas ou pequenas e en calquera sector de actividade. Desempeñaras tarefas administrativas na xestión e no asesoramento nas áreas laboral, comercial, contable e fiscal desas empresas e institucións, ofrecéndolles un servizo e atención á clientela e á cidadanía, realizando trámites administrativos coas administracións públicas e xestionando o arquivo e as comunicacións da empresa. Poderás asemade, traballar por conta propia, efectuando a xestión da túa propia empresa, ou a través do exercicio libre dunha actividade económica, como nunha asesoría financeira ou laboral, estudos de proxectos, etc As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:

  • Administrativo/a de oficina.
  • Administrativo/a comercial.
  • Administrativo/a financeiro/a.
  • Administrativo/a contable.
  • Administrativo/a de loxística.
  • Administrativo/a de banca e de seguros.
  • Administrativo/a de recursos humanos.
  • Administrativo/a da Administración pública.
  • Administrativo/a de asesorías xurídicas, contables, laborais e fiscais, ou xestorías.
  • Técnico/a en xestión de cobramentos.
  • Responsable de atención á clientela.

Acceso a outros estudos

  • O título de técnico superior en administración e finanzas permite o acceso directo para cursar calquera outro ciclo formativo de grao superior, nas condicións de acceso que se establezan.
  • Este título permite o acceso directo ás ensinanzas conducentes aos títulos universitarios de grao nas condicións de admisión que se establezan.
  • Para os efectos de facilitar o réxime de validacións entre este título e as ensinanzas universitarias de grao, asígnanse 120 créditos ECTS distribuídos entre os módulos profesionais deste ciclo formativo.

Módulos profesionais de primeiro ano

Módulos ProfesionaisHoras
Inlés 160
Xestión da documentación xurídica e empresarial 80
Ofimática e proceso da información 240
Proceso integral da actividade comercial 133
Comunicación e atención á clientela 160
Recursos Humanos e Responsabilidade Social Corporativa  80
Formación e orientación laboral 107

Módulos profesionais de segundo ano

Módulos ProfesionaisHoras
Xestión de recursos humanos 105
Xestión financeira 123
Contabilidade e fiscalidade 157
Xestión loxística e comercial 105
Simulación empresarial 140

Ao tratarse do primeiro ano no que se imparte este ciclo no centro so se ofertan os módulos do primeiro ano. Os módulos profesionais de Proxecto de administración e finanzas (26 h) e Formación en centros de traballo (384 h.) poderán ser cursados, previa matrícula, unha vez superados todos os módulos de formación no centro educativo, recollidos nas táboas anteriores.

Aspectos á ter en conta para a matrícula

Debido ás particularidades desta modalidade de estudos é importante ter en conta algúns aspectos á hora de realizar a matrícula dos módulos profesionais:

  • A estimación do mínimo de adicación semanal necesaria é de 4 horas para un módulo cunha duración de 100 horas.
  • Lembre que matricularse de máis módulos dos que pode atender:

1) Supón unha carga excesiva de traballo que lle pode levar ao abandono de todos os módulos. 2) Aínda que abandone soamente algúns, consume convocatorias (só ten 4 por módulo). 3) As prazas son limitadas. Se se matricula de todos os módulos e despois abandona algún ou todos, está perxudicando, ademais de a a vostede mesma, a outras persoas solicitantes que quedaron sen praza.

Horario

As titorías e as probas presenciais desenvólvense no edificio A (Luis Trabazos, 1), de 16:00 horas a 22:30 horas, segundo os horarios que serán publicados para cada módulos profesional.

Máis información

Currículo do ciclo formativo correspondente ao título de técnico superior en administración e finanzas 

Formación en centros de traballo