Ciclo Superior de Comercio Internacional (distancia)
Duración: 2000 horas
Saídas profesionais
- Técnico/a en comercio exterior
- Técnico/a de operacións exteriores de entidades financeiras e de seguros.
- Técnico/a en administración de comercio internacional
- Asistente ou adxunto/a de comercio internacional
- Axente de comercio internacional
- Técnico/a de márketing internacional
- Técnico/a de márketing dixital internacional
- Técnico/a de venda internacional
- Asistente ao departamento de operacións comerciais internacionais
- Transitario/a
- Consignatario/a de buques
- Operador/ora loxístico/a
- Xefe/a de almacén
- Técnico/a en loxística do transporte
- Coordinador/ora loxístico/a
- Técnico/a en loxística inversa.
Acceso a outros estudos
- Cursos de especialización profesional
- Outro Ciclo de Formación Profesional de Grao Superior coa posibilidade de establecer convalidacións de módulos profesionais de acordo á normativa vixente
- Ensinanzas Universitarias coa posibilidade de establecer convalidacións de acordo coa normativa vixente.
Módulos profesionais
Módulos Profesionais | Horas |
---|---|
Inglés | 160 |
Xestión económica e financieira da empresa | 187 |
Negociación internacional | 132 |
Xestión administrativa do comercio internacional | 187 |
Transporte internacional de mercadorías | 187 |
Formación e orientación laboral | 107 |
Comercio dixital internacional | 105 |
Financiamento internacional | 105 |
Loxística de almacenamento | 123 |
Marketing internacional | 123 |
Medios de pagamento internacional | 87 |
Sistema de información de mercados | 87 |
Proxecto de comercio internacional | 26 |
Formación en centros de traballo | 384 |
Co fin de elaborar o teu itinerario formativo, debes ter en conta os seguintes aspectos:
- A matrícula parcial de módulos non poderá superar a carga lectiva anual de 1.000 horas.
Os módulos profesionais de Proxecto (26 h) e Formación en centros de traballo (384 h.) poderán ser cursados, previa matrícula, unha vez superados todos os módulos de formación no centro educativo, recollidos nas táboas anteriores.