Ciclo superior en educación infantil
Duración
2000 horas
Saídas profesionais
- Educador ou educadora infantil en primeiro ciclo de educación infantil
- Educador ou educadora en institucións ou en programas específicos de traballo con menores (de cero a seis anos) en situación de risco social, ou en medios de apoio familiar
- Educador ou educadora en programas ou actividades de lecer e tempo libre infantil con menores de cero a seis anos: ludotecas, casas de cultura, bibliotecas, centros educativos, centros de lecer, granxas escola, etc.
Acceso a outros estudos
Calquera ensinanza universitaria de grao. Se o título universitario tivese limitación de prazas o acceso farase tendo en conta a nota media do ciclo formativo.
Módulos profesionais de primeiro ano
Módulos Profesionais | Horas |
---|---|
Desenvolvemento cognitivo e motor | 213 |
Didáctica da educación infantil | 240 |
Expresión e comunicación | 213 |
Xogo infantil e a súa metodoloxía | 187 |
Formación e orientación laboral | 107 |
Módulos profesionais de segundo ano
Módulos profesionais | Horas |
---|---|
Autonomía persoal e saúde infantil | 155 |
Desenvolvemento socioafectivo | 123 |
Empresa e iniciativa emprendedora | 53 |
Habilidades sociais | 123 |
Intervención con familias e atención a menores en risco social | 123 |
Primeiros auxilios | 53 |
Proxecto de atención á infancia | 26 |
FCT | 384 |
Horario:
8:30 horas – 15:00 horas As actividades lectivas desenvólvense no edificio B (Praza Fernando Fulgosio).