arriba
Domingo, 25-Outubro-2020

 

 
PortadaseparatorTécnico superior en educación infantil


Técnico superior en educación infantil

Duración

2000 horas

Saídas profesionais

  • Educador ou educadora infantil en primeiro ciclo de educación infantil
  • Educador ou educadora en institucións ou en programas específicos de traballo con menores (de cero a seis anos) en situación de risco social, ou en medios de apoio familiar
  • Educador ou educadora en programas ou actividades de lecer e tempo libre infantil con menores de cero a seis anos: ludotecas, casas de cultura, bibliotecas, centros educativos, centros de lecer, granxas escola, etc.

Acceso a outros estudos

Calquera ensinanza universitaria de grao. Se o título universitario tivese limitación de prazas o acceso farase tendo en conta a nota media do ciclo formativo.

Módulos profesionais de primeiro ano

Módulos ProfesionaisHoras
Desenvolvemento cognitivo e motor 213
 Didáctica da educación infantil 240
 Expresión e comunicación 213
 Xogo infantil e a súa metodoloxía 187
 Formación e orientación laboral 107

Módulos profesionais de segundo ano

Módulos profesionais Horas
Autonomía persoal e saúde infantil 155
Desenvolvemento socioafectivo 123
Empresa e iniciativa emprendedora 53
 Habilidades sociais 123
Intervención con familias e atención a menores en risco social 123
Primeiros auxilios 53
Proxecto de atención á infancia 26
 FCT 384

Horario:

8:30 horas – 15:00 horas As actividades lectivas desenvólvense no edificio B (Praza Fernando Fulgosio).

 

Máis información

Currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en educación infantil

Formación en centros de traballo