arriba
Sábado, 24-Outubro-2020

 

 
PortadaseparatorTécnico superior en educación infantil


Técnico superior en educación infantil

Duración

2000 horas

Saídas profesionais

  • Educador ou educadora infantil en primeiro ciclo de educación infantil
  • Educador ou educadora en institucións ou en programas específicos de traballo con menores (de cero a seis anos) en situación de risco social, ou en medios de apoio familiar
  • Educador ou educadora en programas ou actividades de lecer e tempo libre infantil con menores de cero a seis anos: ludotecas, casas de cultura, bibliotecas, centros educativos, centros de lecer, granxas escola, etc.

Acceso a outros estudos

Calquera ensinanza universitaria de grao. Se o título universitario tivese limitación de prazas o acceso farase tendo en conta a nota media do ciclo formativo.

Módulos profesionais de primeiro ano

Módulos ProfesionaisHoras
Desenvolvemento cognitivo e motor 213
Didáctica da educación infantil 240
Expresión e comunicación 213
Xogo infantil e a súa metodoloxía 187
Formación e orientación laboral 107

Módulos profesionais de segundo ano

Módulos profesionaisHoras
Autonomía persoal e saúde infantil 155
Desenvolvemento socioafectivo 123
Empresa e iniciativa emprendedora 53
Habilidades sociais 123
Intervención con familias e atención a menores en risco social 123
Primeiros auxilios 53

Os módulos profesionais de Proxecto de atención á infancia (26 h) e Formación en centros de traballo (384 h.) poderán ser cursados, previa matrícula, unha vez superados todos os módulos de formación no centro educativo, recollidos nas táboas anteriores.

Aspectos á ter en conta para a matrícula

Debido ás particularidades desta modalidade de estudos é importante ter en conta algúns aspectos á hora de realizar a matrícula dos módulos profesionais:

  • A estimación do mínimo de adicación semanal necesaria é de 4 horas para un módulo cunha duración de 100 horas.
  • Lembre que matricularse de máis módulos dos que pode atender:

1) Supón unha carga excesiva de traballo que lle pode levar ao abandono de todos os módulos. 2) Aínda que abandone soamente algúns, consume convocatorias (só ten 4 por módulo). 3) As prazas son limitadas. Se se matricula de todos os módulos e despois abandona algún ou todos, está perxudicando, ademais de a a vostede mesma, a outras persoas solicitantes que quedaron sen praza.

Horario:

As titorías  e as probas  presenciais  desenvólvense no edificio B (Praza Fernando Fulgosio), de 16:00 horas a 22:30 horas, segundo os horarios que serán publicados para cada módulos profesional. As actividades lectivas desenvólvense no edificio B (Praza Fernando Fulgosio).

Máis información

Decreto 226/2008, do 25 de setembro, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en educación infantil.

Formación en centros de traballo