arriba
Luns, 21-Xaneiro-2019

 

 
PortadaseparatorAnulación da matrícula


Anulación da matrícula

Se durante os cinco primeiros días lectivos do curso se observase a inasistencia de determinados alumnos ou alumnas, o centro docente requiriralles por escrito a súa inmediata incorporación nun prazo máximo de tres días contados desde a data de recepción da notificación e comunicaralles que, en caso de non se producir esta, agás causa debida.mente xustificada, se procederá á anulación da súa matrícula. O alumnado tamén poderá solicitar de xeito voluntario a anulación da súa matrícula cunha antelación mínima dunha semana ao remate do período de matrícula. A praza vacante será cuberta polo alumnado en lista de espera, ata completar a cota asignada ao grupo. A anulación da matrícula non computará para efectos de convocatorias consumidas.

Solicitude anulación voluntaria da matrícula