arriba
Luns, 25-Marzo-2019

 

 


Proxectos innovación

Aplicación simuladora dunha central de teleasistencia

Proxecto resultado dos traballos realizados ao abeiro de dous premios de innovación na FP (2014 e 2015), por profesorado das Familias profesionais de Servizos socioculturais e á comunidade (CIFP Portovello) e Informática e comunicación (CIFP A Carballeira- Marcos Valcárcel).

PRESENTACIÓNS

A aplicación foi presentada no Congreso de Innovación na FP Inoova FP Galicia, na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, os días 24 e 25 de 2016. Alumnado do grupo de 2º do CAPSD e profesorado do grupo de traballo de ambos os dous centros organizaron simulacións en tempo real co obxecto de amosar o funcionamento da mesma.

O 28 de abril de 2016, nas instalacións do noso centro, a aplicación foi presentada a profesorado da nosa Familia profesional de toda Galiza, alumnado do CAPSD da modalidade de persoas adultas realizou unha simulación co obxecto de aclarar o seu funcionamento e todo o profesorado participante puido levar unha copia do aplicativo para instalar no centro de procedencia.

O 5 de febreiro de 2018, no CIFP A Carballeira, presentouse o proceso de elaboración da  aplicación na Primeira Xornada de emprendemento e Autoemprego FPemprendeOU

O 10 de setembro de 2018, no CIFP Politécnico de Santiago de Compostela, presentouse o deseño da aplicación no marco dunhas Xornadas de profesorado da Familia profesional de Servizos socioculturais e á comunidade.