Información Mobilidades Internacionais
ERASMUS CHARTER FOR HIGHER EDUCATION 2021-2027
Cal é o cometido da Coordinación de Programas Internacionais?
- Fomentar os proxectos internacionais de colaboración con outros centros e outras entidades e asociacións dentro e fóra do país.
- Informar á comunidade do centro sobre as posibilidades de realización de prácticas ou estadías no estranxeiro para alumnado ou persoas tituladas de ciclos formativos, e buscar socios no estranxeiro ou dentro do país, para desenvolver os programas de intercambio.
- Motivar o profesorado e o alumnado para participaren en programas internacionais.
- Promover e estudar as propostas de innovación relacionadas con programas internacionais, deseñando o protocolo e as actividades necesarias para levalas a cabo.
- Tramitar todas as solicitudes e a documentación necesaria para a participación do centro nos programas internacionais.
- Asesorar na formalización e na tramitación das solicitudes e da documentación necesaria para a participación do profesorado e do alumnado nos proxectos internacionais.
Declaración de Política Erasmus / Erasmus Policy Statement
Contacto: Coordinación de Programas Internacionais
Programas de mobilidade anos anteriores: Máis información