arriba
Domingo, 8-Setembro-2024

 

 


Quen somos?

 img#84112

 

Cales son as súas funcións?

  • Impartir docencia dos módulos asignados á especialidade de FOL en todos os Ciclos Formativos, de grao medio e de grao superior.
  • Informar e orientar aos usuarios, tanto individual como colectivamente, para facilitar o acceso, a mobilidade e o progreso nos itinerarios formativos e profesionais, en colaboración coas Consellerías competentes en materia de emprego e de educación.
  • Fomentar o espírito emprendedor.
  • Promover formación que estimule a educación para a cidadanía, a prevención de riscos laborais, a educación ambiental, a igualdade de xénero...
  • Cooperar coa contorna produtiva do Centro.

Quen o forma?

Para o desenvolvemento destas funcións , o noso Centro consta co seguinte profesorado da especialidade de FOL: ­

  • Montserrat Domínguez Rodríguez
  • Rita Campos López
  • Bienvenido Couso Domínguez
  • Vanessa Rodríguez González
  • Manuel Domínguez Cuquejo
  • Daniel Fernández Fernández
  • Patxi Echevarría Rodríguez

Módulos do Departamento

Os Títulos de Formación Profesional derivados da Lei Orgánica de Educación (LOE) inclúen os módulos de:

  • FORMACIÓN E ORIENTACIÓN LABORAL:

Pretende que os alumnos sexan capaces de: ­

Seleccionar oportunidades de emprego, identificando as diferentes posibilidades de inserción e as alternativas de aprendizaxe ao longo da vida. ­­

  1. .- Aplicar as estratexias do traballo en equipo, valorando a súa eficacia e eficiencia para a consecución dos obxectivos da organización. ­­
  2. .- Exercer os dereitos e cumprir as obrigacións que se derivan das relacións laborais, recoñecéndoas nos diferentes contratos de traballo. ­­
  3. .- Determinar a acción protectora do sistema da Seguridade Social ante as distintas continxencias cubertas, identificando as distintas clases de prestacións. ­
  4. .- Avaliar os riscos derivados da súa actividade, analizando as condicións de traballo e os factores de risco presentes na súa contorna laboral.
  5. .- ­­Participar na elaboración dun plan de prevención de riscos nunha empresa do sector, identificando as responsabilidades de todos os axentes implicados.
  6. .- ­­Aplicar as medidas de prevención e protección, analizando as situacións de risco na súa contorna laboral.
  • EMPRESA E INICIATIVA EMPRENDEDORA:

Pretende que os alumnos sexan capaces de:

  1. .- Recoñecer as capacidades asociadas á iniciativa emprendedora, analizando os requirimentos derivados dos postos de traballo e das actividades empresariais
  2. .- ­Definir a oportunidade de creación dunha pequena empresa, valorando o impacto sobre a contorna de actuación e incorporando valores éticos.
  3. ­.- Realizar as actividades para a constitución e posta en marcha dunha empresa, seleccionando a forma xurídica e identificando as obrigacións legais asociadas
  4. .- ­Realizar actividades de xestión administrativa e financeira básica dunha pequena e mediana empresa, identificando as principais obrigacións contables e fiscais e cumprimentando a documentación.
  5. .- ­Definir a súa inserción no mercado laboral como traballadora ou traballador autónomo, analizando o réxime xurídico da súa actividade, así como a realidade das traballadoras e os traballadores autónomos economicamente dependentes.

 img#15847 CONTACTO

fol@cifpportovello.es