Correspondentes xuvenís 2017-2018
O CIFP Portovello ofertou por terceiro ano o ciclo superior de técnico en Animación Sociocultural e turística, que inclúe a cualificación profesional de "Informador xuvenil". O alumnado deste ciclo deberán adquirir a competencia de "organizar e xestionar accións de dinamización da información para a xuventude."
Durante o curso escolar os participantes no módulo de "información xuvenil" traballan na dinamización da información a xente nova, partindo do contexto máis inmediato que é o propio alumnado do centro.
O CIFP Portovello conta con máis de 1200 alumnos, nas modalidade presencial e a distancia, e dos que a gran maioría son mozos e mozas, tal é como se entende na Lei de Xuventude de Galicia, situados entre os 16 e os 30 anos.
As participantes realizaron as seguintes tarefas:
- Selección de fontes e de contidos informativos
- A catalogación da información seleccionada
- O deseño dos contidos de acordo á plataforma que se vaia a utilizar para a súa difusión. As principais canles foron: Twitter, Blogs, Facebook, carteleiras físicas e boletíns
- A difusión e dinamización de espazos físicos e virtuais de información para a comunidade educativa
- Complementariamente participaron en outras actividades de sensibilización e formación referidas á realidade da xente nova
Organización
1. As tarefas comúns propostas ao inicio do proxecto se limitaban á xestión dos dous taboleiros informativos existentes (o noso centro ten dous edificios separados). Nestes taboleiros preténdese dinamizar información sobre temas de interese xuvenil e especialmente para a difusión da información que reciban a través da Dirección Xeral de Xuventude, a que se engaden información que os propios mozos atopan nas súas redes sociais, físicas e virtuais.
Porén, o proxecto foi máis aló e dinamizáronse 6 espazos de información, tres físicos e tres virtuais unidos baixo a denominación común "Portovello informa":
- 2 taboleiros informativos (obxectivo orixinal)
- Edición de 1 boletín físico periódico con información perecedoira
- 1 canal de Twitter
- 1 páxina de Facebook
- 1 blog
2.Ao mesmo tempo os e as participantes recibiron formación sobre a información xuvenil: os principios da información xuvenil, a xestión dun servizo de información xuvenil, a dinamización da información, os ámbitos informativos de interese para a mocidade, a avaliación de a xestión da calidade nos servizos de información xuvenil
3.- Tamén tiveron a oportunidade de realizar algunhas outras actividades de coordinación, intercambio e coñecemento de boas prácticas:
- Unha visita ao centro Coordinador de Información Xuvenil en Santiago de Compostela
- Un pequeno grupo participou no encontro de correspondentes xuvenís en febreiro (3 participantes)
- Recibimos a visita da Directora Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e máis do Director da rede Galega de Información Xuvenil
- Encontro cun representante da Rede Galega de Dinamización Xuvenil que presenta algunhas das accións máis importantes da Dirección Xeral de Xuventude
- Encontro estatal de correspondentes Xuvenís en Murcia (13 participantes)
- Encontro de fin de curso correspondentes xuvenís de Galicia, en Gandarío (3 participantes)
Todas as/os participantes recibiron pola súa participación
- Carné xove para todos os menores de 30 anos
- Certificación de 100 horas de voluntariado emitido pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado
Metodoloxicamente traballouse principalmente en pequenos grupos de uns 3 - 4 participantes, que co apoio do profesorado, autoxestionaba un dos servizos de información xuvenil en base a un traballo
Avaliación
Na última semana de maio realizáronse tres actividades de avaliación:
- Sesión de avaliación grupal, recollendo valoracións e suxestións cara a próximos anos
- Informe individualizado sobre a base das tarefas individuais levadas a cabo dentro do contexto grupal
- Informe grupal avaliativo do impacto do seu servizo
As principais achegas son:
- Poder rotar entre os diferentes canles de difusión, e so seus formatos
- Valoración moi positiva do alcance fora do centro, especialmente da posibilidade ofertada de dinamizar a información xuvenil no "Espazo Xove" (antiga casa da Xuventude de Ourense)
- Buscar alternativas para poder continuar coa tarefa nos anos seguintes
- Reforzar as rutinas, para evitar que hai un ritmo moi descontinuo
- Apostar por Instagram e outras plataformas