arriba
Venres, 26-Abril-2019

 

 
PortadaseparatorDepartamento de Servizos Socioculturais e a ComunidadeseparatorPor 365 días de respecto e igualdade: prevención da violencia de xén...


Por 365 días de respecto e igualdade: prevención da violencia de xénero no ámbito educativo 2017-2018

A violencia de xénero na poboación máis nova é un tema preocupante e observamos que o mero relevo xeracional non é suficiente para acabar co sexismo. O sistema educativo ten un papel fundamental no proceso socializador a través das relacións entre o alumnado, a interacción profesorado-alumnado, os materiais educativos e o currículo oculto.

O grao de consecución dos obxectivos é satisfactorio pero insuficiente. Levouse a cabo unha participación activa e voluntaria por parte do profesorado e alumnado do centro. Así e todo, cabe destacar que inda afloran resistencias significativas para tratar o tema da violencia de xénero nas aulas e tamén para programar a participación dun grupo nas actividades; O axuste aos contidos do currículo, seguimentos... soen ser escusas para non participar co alumnado nas actividades propostas, ás veces detéctase que é o tema "Violencia de xénero" o que xera esas resistencias.

Os obxectivos inicialmente incluídos no proxecto presentado están en proceso de consecución:

  • Proporcionar ao profesorado e futuros profesionais recursos que dun xeito sinxelo lles facilite coñecer de primeira man que pensan e senten as súas alumnas e alumnos e como o expresan.
  • Facilitar o diálogo en torno as situacións expostas e facernos conscientes do que pensamos e pensa o noso alumnado.
  • Indagar conxuntamente sobre as causas da violencia de xénero.
  • Recoñecer o profundo vínculo que existe entre a violencia de xénero e maneira en que entendemos as relacións de parella.
  • Fomentar a reflexión sobre o tema.
  • Identificar e recoñecer os mitos, falsas crenzas, relacións tóxicas nas relacións amorosas entre homes e mulleres.
  • Proporcionar tempos e espazos para poñer en común o que pensamos sobre os homes, as mulleres, as formas de amar, o que nos gusta, o que non nos gusta...

A metodoloxía utilizada foi a proposta no proxecto baseada en principios de participación activa e voluntaria seguindo as estratexias educativas propostas.

Durante o principio de curso tivemos as primeiras reunións co grupo de igualdade, consolidado no curso anterior, "Moraima" para difundir a existencia do grupo e formalizar o novo grupo do presente curso escolar. As integrantes de Moraima levaron a cabo unha difusión polas aulas e finalmente consolidárono no 3º trimestre con 9 alumnos e alumnas provenientes fundamentoalmente dos ciclos de Integración social, Atención a persoas en situación de dependencia e Administración e Finanzas xunto con 4 profesoras da familia profesional dos servizos socioculturais e á comunidade. As actividades levadas a cabo por Moraima foron as seguintes:

Actividade: "Bolboretas" 

Houbo unha pegada de bolboretas por diferentes espazos comúns dos 2 edificios. A actividade culminou cunha lectura pública dun extracto da histoira das "Irmás Mirabal" do libro de Valerosas.

Actividade: "25 novembro" 

Lectura dun manifesto en contra da violencia de xénero.

Actividade: Stand informativo "8 marzo" Folga de Mulleres  

Houbo unha difusión dos argumentarios sobre a folga convocada para ese día.

Actividade: Relacionado co proxecto Humanización de espazos  

Seguindo co proxecto de humanización de espazos no CIFP Portovello, realizouse un proceso consultivo e participativo co alumnado e o profesorado para darlle nome ao espazo de reunións do centro destinado, entre outras, ás reunión de equipo de mediación, grupo Moraima de igualdade e o de Habilidades Sociais. A proposta de posibles candidaturas elaborouse dende o grupo de igualdade, facendo mención a algunha muller significativa na nosa comunidade autónoma e en relación ao ámbito das ciencias sociais. O grupo de mediación colaboro una planificación e posta en marcha da consulta na que participou a comunidade educativa da familia de servizos á comunidade.

Actividade: do Concello 8 de marzo  

Participación por parte do alumnado na programación do 8 de marzo do concello de Ourense.

Funcionamento de "Moraima"   

Con respecto ao funcionamento ao longo do curso levamos a cabo reunións mensuais co fin de coñecer as propostas e tamén de estar informados/as das actividades a desenvolver no marco do proxecto. Abrimos un apartado na aula virtual do centro para establecer unha vía de comunicación rápida e eficaz entre alumnado e profesorado compoñente do grupo.

Formalización do novo grupo   

Durante o primeiro e o segundo trimestre houbo unha confluencia entre o grupo de persoas conformadas no curso anterior. O grupo comezou tendo moi boa aceptación e sendo moi numeroso, pouco a pouco foron decaendo da asistencia ás reunións, consolidando finalmente o grupo Moraima con 9 alumnos e alumnas e 4 profesoras para o vindeiro curso escolar. Tendo pendente unha formación de sensibilización en igualdade e violencia de xénero para principios do curso escolar vindeiro.

A participación nas actividades do programa foi elevada, tendo incluso que duplicar charlas para chegar a todos os ciclos interesados, non obstante a participación de profesorado en cursos do CFR relacionados co proxecta ou coa temática foi reducida, tan só unha profesora participou nun curso de formación. Isto é debido en parte, a que é o segundo ano de proxecta "365 días" e outro profesorado fixo formación anteriormente. O desenvolvemento das actividades propias do programa foi da seguinte maneira:

  • Exposición “ Á violencia de xénero... Dille Non! Do 09 ao 22 de marzo, ubicada no Edicificio B. Dirixida á totalidade da comunidade educativa.
  • 3 Charlas “Violencia de xénero e o novo contexto dixital” (16/02/2018)
    • 1ºA Asistente a Dirección
    • 1ºB Educación Infantil
    • 1º Xestión Administrativa
    • 1º Actividades Comerciais
    • 1ºA Educación Infantil
    • 1ºB Administración e Finanzas
    • 2º Axudante a Dirección
    • 1º Integración Social
    • 2ºA Educación Infantil
    • 1º ASCT
    • TOTAL: 220 participantes
  • 2 “Charla informativa sobre a violencia de xénero e as súas manifestacións” (05/04/2018)
    • 1ºA Asistente a Dirección
    • 1ºA Educación Infantil
    • 1º Integración Social
    • 1ºB Administración e Finanzas
    • 1º Actividades Comerciais
    • 1ºXestión Administrativa
    • TOTAL: 140 participantes
  • 2 “Charla informativa sobre a violencia de xénero e as súas manifestacións” Policía autonómica. (05/04/2018)
    • 1ºA Asistente a Dirección
    • 1ºA Educación Infantil
    • 1º Integración Social
    • 1ºB Administración e Finanzas
    • 1º Actividades Comerciais
    • 1º Xestión Administrativa
    • TOTAL: 140 participantes
  • 1 Xornada de sensibilización. “A nova escravitude do século XXI: Trata de seres humanos con fins de explotación sexual, outra forma de violencia de xénero”. (9/05/2018)
    • 1ºA Educación Infantil
    • 1ºB Educación Infantil
    • Total: 51 participantes

Unha vez realizada a avaliación final do Programa "Por 365 días de respecto e igualdade" desenvolvido durante o curso escolar 2017- 2018 concluímos a necesidade dunha participación máis elevada e activa na oferta de formación do plan proxecta a toda a comunidade educativa, prestando unha especial atención ao traballo direto co profesorado, para favorecer así unha intervención educativa integral.

Partindo da premisa de que os centros educativos constitúen un espazo idóneo para facer efectivo o principio de igualdade entre mulleres e homes, así como para a sensibilización en violencia de xénero, facendo posible a detección de posibles casos ou cando menos a información básica sobre isto. A finalidade dun Programa destas características é a de favorecer entre outras que o profesorado adquira uns coñecementos e habilidades básicas que lles faciliten incorporar a perspectiva de xénero nas súas prácticas diarias, valorando que inda queda moito camiño que andar. Practicamente a totalidade do alumnado dos grupos de 1º participou nalgunha ou en varias das actividades realizadas, porén con respecto ao profesorado tan só unha profesora participou na formación do CFR "Estratexia para a igualdade, a coeducación e a erradicación da violencia de xénero., "Prevención da violencia de xénero dende o ámbito educativo. En parte isto débese a que algún profesorado tiña participado no ano anterior nesta formación.

Concluímos valorando que se precisa continuar traballando neste eido tratando de buscar unha estratexia globalizadora para que a erradicación da violencia de xénero chegue a todos os puntos da sociedade.