Donas de si 2017-2018
A violencia de xénero na poboación máis nova é un tema preocupante e observamos que o mero relevo xeracional non é suficiente para acabar co sexismo. O sistema educativo ten un papel fundamental no proceso socializador a través das relacións entre o alumnado, a interacción profesorado-alumnado, os materiais educativos e o currículo oculto.
As actividades levadas a cabo este curso foron as realizadas polo grupo de igualdade "Moraima" que dende o ano 2011 está formalizado por alumnado que deseña propostas de concienciación e sensibilización para toda a comunidade educativa sentando bases dunha estratexia específica de actuación en igualdade dentro do Plan de Convivencia do Centro.
Por parte do proxecta "Por 365 días de respecto e igualdade" participamos nas diferentes exposicións, obradoiros e charlas informativas que trataron de satisfacer e complementar a necesidade de intervir coa poboación máis nova e ao profesorado do centro para previr a violencia de xénero e xunto co proxecta "Donas de si", que se centrou en dar valor e visibilizar fundamentalmente as mulleres galegas e as suas aportacións ao longo da historia, tratamos de facer unha intervención educativa en materia de igualdade que chegara a toda a Comunidade Educativa do CIFP Portovello.
Tal e como se recolle no I Plan de actuacións para a Igualdade nos centros educativos de Galicia 2016-2020, traballamos os eixes de actuación formulados no plan, a coeducación, integrar a perspectiva de xénero no traballo diario das aulas, fomentar dinámicas nas aulas libres de estereotipos sexistas, e detectar e abordar situacións relacionadas coa violencia de xénero ademais de visibilizar os mecanismos que ten a sociedade para reproducir e perpetuar o patriarcado.
En relación a temática que se traballa no programa Donas de Si, os nosos esforzos centranse en dar valor e visibilizar fundamentalmente as mulleres e as suas aportacións ao longo da historia en relación as familias profesionais do centro de ensino, os ámbitos de traballo e as ocupacións mais relevantes.
Os obxectivos formulados en relación ao alumnado foron traballados nas distintas actividades
- Poñer en valor o papel político, social, artístico, científico e cultural das mulleres galegas.
- Reflexionar sobre os avances na conquista de novos ámbitos de presenza para as mulleres e para os homes.
Os obxectivos formulados en relación ao profesorado, realizáronse ca formación do profesorado nos cursos proxecta e ca exposición Exposición fotográfica Premio "María Josefa Wonenburguer"
- Ofrecer referentes femininos que ofrezan usos e valores onde teña cabida a igualdade entre mulleres e homes.
- Promover a educación en igualdade entre a comunidade educativa.
- Favorecer o desenvolvemento de actitudes e comportamentos que contribúan a eliminar actitudes sexistas e a evitar os prexuízos e estereotipos de xénero.
- Contribuír á orientación vital e profesional libre de estereotipos sexistas.
Os obxectivos formulados para toda a comunidade educativa se traballaron fundamentalmente coa realización de actividades de ensino aprendizaxe realizadsa nas distintas aulas e no Grupo de igualdade Moraima
- Achegar testemuño e experiencia persoal das traxectorias vitais e profesionais de persoas que rompan cos roles de xénero.
- Promover accións en materia de educación en igualdade.
- Participar activamente na visibilización do traballo das mulleres na comunidade educativa de referencia do alumnado.
A organización das actividades. Resultados acadados:
Actividade: Gymkana Mulleres na Historia
Resultado: Organización dunha Gymkana sobre distintas mulleres en distintos ámbitos (político, artístico, cultural, científico...) e as súas aportacións ca súa vida e a súa presenza en distintos campos do saber:
O 8 de Marzo
O curso de 2ºAnimación Sociocultural e turística, no módulo profesional de Actividades de lecer e Tempo Libre, diseñou unha gymkana que se levou a cabo na excursión saída de dous días a Vilar de Santos.
Actividade: Muller e Deporte
Resultado: Actividade e posterior reflexión con motivo da participación no xogo do Machistómetro, levada a cabo polo centro Trama para o alumnado de Integración Social. O alumnado de 1º de Animación Sociocultural e Turística aproveitou para reflexionar sobre os novos espazos de presenza femenina en relación ao deporte, pero tamén houbo unha reflexión crítica sobre o machismo cotidiano ao que se enfrentan as alumnas en relación as prácticas deportivas.
Photocall Mulleres relevantes
O alumnado de segundo curso participante do grupo Moraima, diseñou ao principio do curso un photocall interactivo para convidar ao alumnado que iniciaba os estudos de primeiro ano no CIFP PORTOVELLO,a participar do grupo de igualdade.
Actividade: Micromachismos
Actividade: Formación do profesorado
Dúas docentes realizaron cursos do PLATEGA relacionados directamente cos contidos do programa Donas de Si (no Programa Por 365 días de respecto e igualdade, tamén se formou parte do profesorado)
- Estratexias para a promoción da igualdade no ámbito educativo I
- Orientación, titoría e construción da identidade libre de estereotipos de xénero
Actividade: Análise de materiais didácticos da Familia Profesional de Servizos Socioculturais e a comunidade utilizando a perspectiva de xénero
Análise de distintos materias recentes, onde descubrimos que cada vez mais hai un coidado específico na redacción aínda que se sigue utilizando o masculino xenérico na linguaxe dos libros de texto, e as imaxes e fotografías utilizadas, non sempre acompañan o texto, evidenciando a tradicional asignación de roles, a transmisión de valores relacionados cos coidados, perpetuando algúns patróns culturais sexistas.
Actividade: Exposición fotográfica Premio "María Josefa Wonenburguer"
Exposición fotográfica en préstamo coas imaxes galardoadas co Premio "María Josefa Wonenburguer". Neste premio recoñécese as mulleres que dedican a súa vida profesional a algún campo específico do ámbito STEM, relaizada na semana do 21 de maio ao 25 de maio do 2018.
Actividade: Humanización de espazos
Seguindo co proxecto de humanización de espazos no CIFP Portovello, realizouse un proceso consultivo e participativo co alumnado eo profesorado para darlle nome a un Espazo de reunións no centro destinado ao equipo de mediación e o de Habilidades Sociais. A proposta que se fixo extensiva ao grupo de igualdade consiste darlle nome a este espazo, facendo mención a algunha muller significativa na nosa comunidade autónoma e en relación ao ámbito das ciencias sociais.
Actividade: Vai Por Elas
Esta actividade foi levada a cabo polas persoas responsables da Biblioteca do centro e polo Equipo de Dinamización Lingua Galega. Dinámica que permitía achegarse a mulleres galegas relevantes.
Metodoloxía
A metodoloxía empregada seguintes fases:
- identificación do ámbito de estudo en relación aos estudios de Formación Profesional: concreción
- investigación: indagación, traballo de campo sobre mulleres relacionadas co noso campo profesional, descoñecidas
- análise: reflexión sobre o tema, sobre a importancia de visibilizar as mulleres e os seus traballos en relación a distintas disciplinas e ámbitos científicos
- divulgación dos traballos: exposición dos resultados das actividades, visibilización do Grupo Moraima
Avaliación do programa
Estudo de necesidades: Tal e como se recolle no Plan de Convivencia do centro, un dos obxectivos en relación a contorna e ao tecido produtivo é promover a igualdade entre mulleres e homes, a orientación profesional e vocacional libre de estereotipos sexistas;
Avaliación do diseño de programa: O programa foi diseñado para dar a coñecer e poñer en valor as traxectorias profesionais de mulleres vinculadas ao eido profesional, identificando mulleres do eido social relevantes na nosa familia profesional.
Os proxectos foi diseñado no marco dun proxecto aberto que redunde na visibilización e posta en valor dos traballos das mulleres. Para desenvolver este proxecto abordamos as seguintes fases:
- identificación do ámbito de estudo: mulleres da comarca, mulleres na ciencia, mulleres na arte...
- investigación: traballo de campo para coñecer o ámbito de estudo
- análise: reflexión sobre o tema
- divulgación dos traballos
Avaliación do proceso: O único problema que vemos en relación do proceso, é que a dinamica propia dos centros integrados de formación profesional, a organización do currículo e a a organización de horarios é a posibilidade de facer unha verdadeira investigación ca implicacion de todo o profesorado, xa que os horarios e a distribución de horas semanais dos módulos profesionais deixan pouca marxe para á actuación.
Avaliación dos resultados e impacto: O alumnado sensibilizouse co obxectivo fundamental do programa, que é visibilzar a mulleres esquecidas, ou non recoñecidas
Posta en valor o valor da partticipación e a produción das mulleres , as súas achegas o seu protagonismo e tamén sacar á luz a invisibilización das mulleres no desenvolvemento da sociedade galega contemporanea.