Por 365 días de respecto e igualdade. Curso 2016-2017
Nos últimos anos, detéctanse moitos casos de relacións de parella entre adolescentes e xente moi nova cunha forte carga de violencia verbal e incluso física. Ademais estudos recentes como o realizado polo Ministerio de Igualdade e a Universidade Complutense de Madrid amosan que entre a poboación máis nova aínda persisten ideas cargadas de sexismo e que xustifican a violencia. O programa complementa e reforza as actuacións dirixidas á promoción da igualdade que se veñen desenvolvendo no centro dende o ano 2011 coa creación do grupo de alumnado Moraima e que desembocaron na incorporación dunha estratexia específica de actuación en igualdade no Plan de Convivencia do Centro. Este programa vai dirixido a intervir coa poboación máis nova para previr a violencia de xénero e, a formación profesional é o medio ideal para acceder a esa poboación xuvenil podendo introducir valores igualitarios e libres de estereotipos sexistas, así como facilitarlles pautas para a detección precoz desas situacións de violencia de xénero.
O programa dou a oportunidade de coñecer de primeira man, a través de obradoiros e charlas de diferentes profesionais (Médicos do Mundo, Policía, Acollemento a Vítimas de malos tratos, Ciberacoso), as distintas situacións e as razóns polas que se dan casos de violencia contra as mulleres, desmitificando a imaxe de "muller maltratada" e levándonos a orixe do problema, non nacemos sabendo amar, a sociedade impón unha forma de amar diferente en función de se es home ou se es muller. O feito de que foran persoas externas ao centro, profesionais que traballan en diferentes sectores de intervención con mulleres, descubriunos unha realidade, se cabe, máis virulenta e axudou a reflexionar e focalizar a atención sen prexuízos e posicionamentos culturais, tanto por parte do profesorado do centro como do alumnado.
Achegar a estas persoas ao centro proporcionou tempos e espazos de reflexión conxunta sen ter que desprazarnos e axustar as horas lectivas destinadas a contidos específicos dos módulos; propiciando a dinamización e creación dun grupo máis numeroso de persoas implicadas no alumnado, empoderando aos seus integrantes e fomentando procesos de toma de decisións, liderado e articulación de redes así como o desenvolvemento de numerosas actividades de sensibilización. Tendo en conta que os ciclos que se imparten no centro son claramente feminizados valoramos como moi positiva a implantación dese programa no centro.
Os obxectivos traballados foron:
- Proporcionar ao profesorado e futuros profesionais recursos que dun xeito sinxelo lles facilite coñecer de primeira man que pensan e senten as súas alumnas e alumnos e como o expresan.
- Neste sentido, a través de relatos de feitos reais por parte dos profesionais se facilitou o diálogo en torno as situacións expostas e fomos conscientes do que pensabamos e pensa o noso alumnado.
- Indagar conxuntamente sobre as causas da violencia de xénero.
- As metodoloxías utilizadas no desenvolvemento das actividades facilitaban a participación de alumando e profesorado, invitando a descubrir en profundidade que é o que leva a unha muller a vivir unha situación de violencia, e descubrir que calquera de nós pode ser vítima de agresións de diferentes tipos.
- Recoñecer o profundo vínculo que existe entre a violencia de xénero e maneira en que entendemos as relacións de parella.
- O traballo coas cancións, as películas, os debuxos, a publicidade.... fíxonos descubrir que non nacemos aprendendo a amar, a sociedade nos di como temos que amar, en función de se somos mulleres ou se somos homes... fomentar a reflexión ao redor dos medios de comunicación axudou a reflexionar sobre o tema.
- Identificar e recoñecer os mitos, falsas crenzas, relacións tóxicas nas relacións amorosas entre homes e mulleres.
- Proporcionar tempos e espazos para poñer en común o que pensamos sobre os homes, as mulleres, as formas de amar, o que nos gusta, o que non nos gusta... invitou tanto ao alumnado como ao profesorado a identificar os mitos e as falsas crenzas que temos en torno ás relacións entre homes e mulleres.
Estratexias educativas na implantación do programa
- Planificación e distribución de tarefas no equipo de traballo. Reunións de equipo.
- Sensibilización da comunidade educativa a través dunha xornada informativa canalizada polo profesorado con función de titoría. Elaboración de materiais didácticos. https://prezi.com/uf3ua2dkvx3g/sensibilizando-contra-a-violencia-de-xenero/
- Creación e mantemento do grupo de traballo no centro (alumnado/profesorado): Grupo promotor da igualdade. “Moraima” Promotor e sensibilizador da importancia da perspectiva de xénero na nosa familia profesional; Servizos á Comunidade e Animación Turística.
Formación
- Dirixida ao profesorado: participación nos cursos de formación en materia de igualdade e violencia de xénero a través de PLATEGA. Estes cursos tiveron carácter voluntario para o profesorado participante no programa. Participaron 5 membros do grupo de traballo, xa que algún membros do equipo tiñan levado a cabo o curso no ano anterior.
- Dirixida ao alumando: • participación nuns obradoiros de 8 horas impartido por 3 membros do equipo. A Socialización de xénero. O amor romántico. E medios de Comunicación e sexismo. Asistiron un total de 6 membros do grupo Moraima.
- Participación nas xornadas de sensibilización organizadas pola Plataforma Feminista de Ourense. Alumnado de integración social.
Apoio ao profesorado
Asesoramento en materia de igualdade no inicio da participación no programa para levar a cabo actividades formativas na aula
- Exposición “Cartas de Amor”: exposición gráfica de ilustracións de diversos artistas sobre a violencia de xénero e a mocidade. Estivo durante dúas semanas exposta no edificio A.
- Obradoiro práctico desenvolvido por unha persoa experta en igualdade e xénero. Desenvolvéronse dúas sesións, co alumnado de Actividades comerciais, básica de Comercio e Integración Social e Animación sociocultural.
- Obradoiros específicos impartidos por profesioniais: forzas e corpos de seguridade, servizos de acollida ás vítimas, órganos xudiciais:
- Obradoiros sobre “Violencia de xénero e o novo contexto dixital", centrados no coñecemento e prevención das novas formas de violencia que xurden no contexto dixital: ciberviolencia de xénero, grooming, sextorsión. Dúas sesións de 25 persoas matriculados nos módulos de integración social, educación infantil, básica de comercio e 3 membros do profesorado.
- Charla informativa a cargo de persoal da Policía Autonómica sobre a violencia de xénero e as súas manifestacións. 2 charlas, participou alumando de Integración social e Educación Infantil, Comercio e Marketing, 7 membros do profesorado. 3 da familia de Servizos á comunidade e 3 de Administración e finanzas e 1 de Comercio e Marketing
- Charla informativa a cargo de persoal dun centro de atención a mulleres (CIM) que sofren violencia de xénero, sobre as consecuencias desta violencia nas mulleres, nos nenos e nas nenas. O alumnado de Animación Sociocultural e Turismo, Educación Infantil, Integración Social e Básica de Comercio. 5 membros do profesorado implicado. 2 da familia de Comercio e Marketing e 3 de Servizos á comunidade.
- Talleres de información/sensibilización sobre a "Trata de brancas e prostitución" impartidos por Médicos do Mundo. Alumnado de Administración e Finanzas e Comercio e Actividades comerciais.
Planificación de actividades de sensibilización á comunidade: proposta de actividades de información e sensibilización sobre a prevención da violencia de xénero no ámbito educativo dirixido á sociedade a través dun blog http://moraimaportovello.blogspot.com.es/ en colaboración co equipo de igualdade "Moraima" e o profesorado implicado. Colaborou o profesorado do equipo activamente e unha alumna portavoz do equipo Moraima.
Planificación de propostas de actividades para os diferentes módulos da familia profesional, para que as inclúan dentro da programación anual para o próximo curso. O grupo de traballo do profesorado fixo unha proposta de posibles actividades que se podan desenvolver na aula incluíndo os contidos traballados en cada módulo. Incluíronse nos seguimentos da programación como inclusión da perspectiva de xénero dentro dos contidos do módulo.
Actividade "N'AMOR'ARTE": Concurso literario en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega onde tentouse desmitificar o amor romántico. Participou na convocatoria o grupo Moraima podendo presentarse membros de toda a comunidade educativa. Presentáronse un total de 15 obras literarias.
Colaboración coa biblioteca do CIFP Portovello para a promoción do material didáctico aportado así como para a creación dun clube de lectura:
- Utilización do material emprestado polas desenvolvedoras dos programa, así como das unidades didácticas e materiais de apoio (exposicións, cartelería....).Utilizáronse e expuxéronse obras feministas ou onde a protagonista era unha muller.
- Selección e "etiquetaxe" para unha posterior catalogación de material bibliográfico co fin de traballar a perspectiva de xénero nos diferentes ciclos así como planificación dun fondo de libros referentes de igualdade. Tamén revisouse e catalogouse o material que podería ser utilizado para traballar especificamente a coeducación e perspectiva de xénero.
- Promoción dun clube de lectura para debater sobre a igualdade. "Espazos, tempos e papel das mulleres na literatura". Participaron no Clube de Lectura dous membros do profesorado e catro do alumnado. Léronse un total de 6 obras.
Avaliación
Sesións de autoavaliación e avaliación en grupo despois das actividades desenvolvidas. Valoracións co profesorado implicado e valoración e propostas de mellora no grupo de igualdade.