FP Dual
Que é a FP Dual?
É unha modalidade de formación profesional que ten como finalidade a cualificación profesional das persoas nun réxime de alternancia de actividade laboral nunha empresa coa actividade formativa nun centro educativo.
A FP dual integra os tres piares que sustentan o proceso de formación dun profesional:
• Formación curricular (específica do ciclo formativo).
• Traballo na empresa.
• Formación complementaria (específica para os procesos produtivos da empresa).
Os centros e as empresas comparten as responsabilidades formativas para que as ensinanzas profesionais se adecúen ás necesidades do mercado laboral.
Vantaxes da FP Dual
• Recibirás unha remuneración desde o inicio do teu período de permanencia na empresa.
• Terás maior facilidade para a túa inserción no mercado laboral mediante a adquisición dunha titulación de formación profesional de xeito simultáneo á túa integración nos procesos produtivos da empresa.
Modalidades de FP Dual
• Grupo completo (Réxime de persoas adultas): constitúese un grupo completo no que todo o alumnado se forma desde o primeiro curso na modalidade dual, alternando a formación no centro educativo e na empresa, durante os dous ou tres anos de duración do proxecto.
• Segundo curso (Réxime ordinario): o alumnado que está a cursar segundo curso do réxime ordinario dun ciclo formativo ten a posibilidade de participar na modalidade dual no período de xaneiro a xuño.
PRESENTACIÓN FP DUAL GRUPO COMPLETO
PRESENTACIÓN FP DUAL SEGUNDO CURSO
Máis información
Podes atopar o resto de información necesaria para coñecer a fondo a FP Dual premendo na seguinte ligazón: FP Dual Galicia.
Síguenos en