CM Comercialización de Produtos Alimentarios
CONVOCATORIA XUÑO 2021 (Requisitos e documentación necesaria)
FP DUAL 2021-2023 (en colaboración co IES de Vilamarín)
Empresas participantes
Que se aprende a facer?
Desenvolver actividades comerciais en establecementos alimentarios físicos e en liña relacionadas coa planificación comercial, a xestión da loxística de almacenaxe, a distribución e a reposición de produtos alimentarios, e a supervisión das seccións de venda de alimentos perecedoiros e non perecedoiros, e de atención comercial a clientela e provedores, seguindo criterios de calidade e actuando segundo a normativa de prevención de riscos, seguridade alimentaria e protección do/da consumidor/a.
Que ocupacións se desempeñan?
- Responsable encargado/a de establecemento alimentario; de sección, sala ou departamento de tenda de alimentación.
- Xestor/a de pequeno comercio alimentario.
- Responsable encargado/a de comercios alimentarios en liña.
- Asesor/a comercial de produtos alimentarios.
- Vendedor/a de produtos alimentarios.
A que outros estudos se pode acceder?
- Acceso directo a calquera ciclo formativo de grao medio ou superior.
- Título de bacharelato.
Módulos profesionais 1º curso:
Módulos profesionais 2º curso:
Temporalización:
- Horario:
Centro educativo: pola tarde de luns a venres (durante o primeiro curso dous días por semana a formación é impartida no IES de Vilamarín)
Empresa: segundo o horario establecido pola propia empresa
Importe mínimo da bolsa a percibir durante a formación na empresa: 500 € mensuais
Número de prazas ofertadas: 11 prazas
✔ Froiz: 3 prazas
✔ Gadis: 2 prazas
✔ Carrefour: 2 prazas
✔ Vegalsa: 2 prazas
✔ Grupo Cuevas: 2 prazas
Máis información:
Convenio de FP Dual do Ciclo Medio de Comercialización de Produtos Alimentarios 2021-2023 I
Convenio de FP Dual do Ciclo Medio de Comercialización de Produtos Alimentarios 2021-2023 II
Real Decreto polo que se establece o Título de Técnico en Comercialización de produtos alimentarios
Síguenos en: