arriba
Sábado, 26-Maio-2018

 

 
PortadaseparatorDepartamentos e CoordinaciónsseparatorDepartamento de Información e orientación profesional


Departamento de Información e orientación profesional

José Luis Seoane Pérez (Xefatura Departamento)

José Luis Pérez Pérez

Teléfono Departamento 988 788 917

Novas de interese

FEBREIRO 2018

CONVOCADOS OS PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE FP

ORDE do 6 de febreiro de 2018 pola que se convocan os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior da Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2016/17.

CONVOCADAS AS PROBAS DE ACCESO AOS CICLOS FORMATICOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR

ORDE do 22 de xaneiro de 2018 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2018.

XANEIRO 2018

III XORNADA DE ORIENTACIÓN UNIVERSITARIA

Presentación da oferta educativa da Facultade de Ciencias da Educación de Ourense (UVIGO). Participará o Vicedecano D. Xosé Manuel Cid Fernández.

Actividade dirixida ao alumnado de 2º cursos dos CS de Educación Infantil, Integración Social e Animación Sociocultural e Turística.

Martes 30 de xaneiro de 2018 ás 12 horas no salón de actos.

II XORNADA DE ORIENTACIÓN UNIVERSITARA

Presentación da oferta educativa da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense (UVIGO). Participará a Decano Dª Elena Rivo López.

Actividade dirixida ao alumnado de 2º cursos dos CS de Administración e Finanzas, Asistencia á Dirección, Xestión de Ventas e Espazos Comerciais e Comercio Internacional.

Martes 23 de xaneiro de 2018 ás 12 horas no salón de actos.

XORNADA DE ORIENTACIÓN UNIVERSITARIA

Presentación da oferta educativa da Universidade de Santiago (USC). Participará o Profesor D. José Manuel Blanco Fernández.

Actividade dirixida ao alumnado de 2º cursos dos ciclos superiores do noso centro.

Luns 15 de xaneiro de 2018 ás 12 horas no salón de actos.

MAIO 2017

Convocatoria de prazas nas residencias xuvenís de Galicia (Lugo,Ourense e vigo), para o curso 2017-2018.

En Ourense: “Florentino López cuevillas”, sitA na Praza das Mercedes para estudantes de: Bacharelato, Ciclos Medios, Ciclos Superiores, Universitarios e mozos e mozas traballadores entre 16 e 30 anos.

Prazo de solicitude, 1 mes dende a publicación no dog (martes, 13 de xuño de 2017) .

Convocatoria de prazas de residencia nos centros residenciais docentes de A Coruña, Ourense e Vigo

Convocatoria de prazas de residencia nos centros residenciais docentes mencionados anteriormente, para o curso 2017/18 (DOG-09/06/2017)

Prazos de solicitude: para os solicitantes matriculados en ciclos formativos dende o 10 de xuño ata ó 8 de agosto de 2017.

FEBREIRO 2017

Convocatoria de premios extraordinarios de f.p. de grao superior correspondentes ao curso 2015/16

Para o alumnado que realizou estudos de FP de Grao Superior no curso 2015/16, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galica e que os rematou no ano 2016.

Requisito: Ter cursado FP de grao superior nalgún centro educativo de Galcia en calquera modalidade, presencial ou a distancia e telo rematado no 2016 cunha cualificación final do ciclo formativo igual ou superior a 8,5.

Prazo de solicitude: 1 mes a partir do día seguinte a publicación no DOG (martes, 28/02/2017), é dicir, o mes de marzo.

Máis información no Dpto. de Información e Orientación Profesional

XANEIRO 2017

III XORNADA DE ORIENTACIÓN UNIVERSITARIA

Presentación da oferta educativa da facultade de Ciencias da Educación de Ourense (UVIGO)

Participará o Vicedecano D. Xosé Manuel Cid Fernández

Actividade dirixida ao alumnado de 2º cursos dos CS de: Educación Infantil, Integración Social e Animación Sociocultural e Turística.

Martes, 7 de Febreiro, ás 12 h. no salón de actos do Centro

II XORNADA DE ORIENTACIÓN UNIVERSITARA

Presentación da oferta educativa da facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense

Participará a Decana da Facultade e profesorado da mesma

Actividade dirixida ao alumnado de 2º cursos de: Administración e Finanzas e Asistencia á Dirección

Mércores, 1 de Febreiro, ás 12 h. no salón de actos do Centro

XORNADA DE ORIENTACIÓN UNIVERSITARIA

Presentación da oferta educativa da USC por parte do profesorado da UNIVERSIDADE DE SANTIAGO.

Actividade dirixida ao alumnado de 2º curso de ciclos superiores que, no seu momento, manifestou interese en participar na mesma.

Luns, 23 de Xaneiro ás 12 h. no salón de actos do Centro

XUÑO 2016

Convocatoria de prazas de residencia nos centros residencias docentes da Coruña, Ourense e Vigo (DOG-08/06/2016)

Convocatoria de prazas de residencia nos centros residenciais docentes mencionados anteriormente.

Prazo de solicitude:

- Para os solicitantes matriculados en ciclos formativos - dende o do día seguinte ao da publicación (Inicio ó 09/06/16) ata ó 8 de agosto de 2016.

Máis información no departamento de información e orientación profesional

ABRIL 2016

Convocatoria de prazas nas residencias xuvenís de Galicia

Convocadas prazas nas residencias xuvenís de Galicia (Lugo,Ourense e vigo), para o curso 2016-2017. En Ourense: “florentino López cuevillas”, situada na praza das mercedes (Para estudantes de: Bacharelato, Ciclos Medios, Ciclos Superiores, Universitarios e mozos e mozas traballadores (entre 16 e 30 anos)

Prazo de solicitude, 1 mes dende a publicación no dog (mércores, 27 de abril do 2016)

Máis información no Dpto. de Información e Orientación Profesional

Convocatoria de premios extraordinarios de f.p. de grao superior correspondentes ao curso 2014/15

Listaxes provisionais de admitidos e excluídos correspondentes aos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2014/2015.

Máis información no Dpto. de Información e Orientación Profesional

FEBREIRO 2016

Convocatoria de premios extraordinarios de f.p. de grao superior correspondentes ao curso 2014/15

Para o alumnado que realizou estudos de FP de Grao Superior no curso 2014/15, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galica e que os rematou no ano 2015.

Requisito: Ter obtido unha cualificación final do ciclo formativo igual ou superior a 8,5

Prazo de solicitude: 20 días hábiles a partir do día seguinte a publicación no DOG (venres, 26/02/2016)

Máis información no Dpto. de Información e Orientación Profesional

XANEIRO 2016

Xornada de orientación universitaria

Charla de orientación universitaria da Facultade de Ciencias empresariais e Turismo - Universidade de Vigo, a cargo de persoal da facultade dos graos de ADE, Turismo eos dobres graos de ADE + Dereito, ADE + Enxeñería informática e Internacional ADE (España) & Business Administration (Alemaña), o próximo 15 de Febreiro ás (12 h.), no Salón de Actos do noso centro, dirixida ao alumnado de 2º curso de ciclos superiores que, no seu momento, manifestou interese en participar.

Probas para a obtención dos títulos de Graduado/a en ESO e de Bacharelato

  • Graduado/a en ESO para maiores de 18 anos:
    • Convocatoria de Maio: prazo de inscrición do 16 ao 27 de marzo. Data de realización das probas 27 de maio en sesión de maña e tarde.
    • Convocatoria de setembro: prazo de inscrición do 1 ao 8 de xullo. Data de realización das probas 08 de setembro en sesión de maña e tarde.
  • Bacharelato para maiores de 20 anos: Prazo de Inscricción: 18 de Febreiro ao 3 de Marzo. Datas de realización da proba: 22 de Abril (IES San Clemente de Santiago de Compostela).

Máis información no Departamento de Información e Orientación Profesional (IOP) – Edificio B

Xornada de orientación universitaria

Charla de orientación universitaria da USC, a cargo do Profesor da Facultade, D. Francisco Javier López González, o próximo 18 de Xaneiro, ás (12 h.), no Salón de Actos do noso centro, dirixida ao alumnado de 2º curso de ciclos superiores que, no seu momento, manifestou interese en participar.

Acreditación de competencias

ORDE do 29 de decembro de 2015 pola que se realiza a convocatoria pública do procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais.