Convocatoria Mobilidades Ciclo medio para titulados e FCT Período Xaneiro - Abril 2023
Convocatoria mobilidades de alumnado Ciclos Medios
para o período xaneiro abril 2023
CONVOCATORIA PECHADA
Relación de solicitude recibidas 06/10/2022
Segundo o establecido na resolución do 5 de agosto de 2022 da Consellería De Cultura, Educación, Formación Profesional E Universidades pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan axudas de mobilidade para o alumnado e o persoal de ciclos formativos de grao medio e FP básica de centros educativos públicos que imparten formación profesional e que forman parte do consorcio de mobilidade que desenvolverá un proxecto KA102 con múltiples beneficiarios no marco do programa Erasmus+. Proxecto 2020-1-ES01-KA102-079982.
Modalidades:
1. Mobilidades para a realización da FCT no período xaneiro – marzo de 2023
a. Beneficiarios: Alumnado matriculado para a realización da FCT en dito período. A persoa solicitante debe cumprir os requisitos establecidos na citada resolución
b. Duración: 79 días
2. Mobilidades para recen titulados
a. Beneficiarios: Alumnado que que acadara a súa titulación de grao medio ou FP Básica nos 12 meses anteriores ao fin da mobilidade (maio 2023)
b. Duración: 100 días
Importes das Axudas
Deberá sumarse o importe que corresponda para viaxe por distancia ao país de acollida, segundo as táboas do programa Erasmus+
Presentación das solicitudes
As persoas solicitantes que reúnan os requisitos para participar nesta convocatoria presentarán a solicitude normalizada, segundo o anexo desta resolución, no seu centro educativo, entre o día 3 e o 6 de outubro de 2022, na secretaría do centro
Proceso de selección
O proceso de selección das persoas solicitantes rexirase por todo o previsto na citada resolución do 5 de agosto de 2022
O día 7 de outubro publicarase a listaxe provisional na que se recollerán as persoas beneficiarias seleccionadas, por orde de prelación e o alumnado excluído.
O centro abrirá un prazo de cinco días naturais, contados a partir da publicación da listaxe provisional, para a presentación de reclamacións por parte dos/as solicitantes.
Rematado o prazo de reclamacións, a dirección do centro resolveraas e elaborará unha listaxe definitiva de solicitantes seleccionados e excluídos.
Á vista da documentación achegada polo centro a Dirección Xeral de Formación Profesional elaborará a correspondente proposta de adxudicación das axudas e enviaralla á persoa titular da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, que resolverá o que proceda.
Máis información en:
Despacho da Coordinación de programas internacionais do CIFP Portovello
Horario de 9,30 á 12
988788920
programas.internacionais.cifp.portovello@edu.xunta.gal