arriba
Sábado, 3-Decembro-2022

 

 


Viveiro de empresas

QUEN PODE ACCEDER A UN VIVEIRO?

Poden acceder todas as persoas que reúnan algún dos seguintes requisitos:
a) Alumnado matriculado nalgunha ensinanza sostida con fondos públicos de Galicia de: Formación profesional, ensinanzas de artes plásticas e deseño, ensinanzas superiores de deseño, ensinanzas artísticas superiores de grao en Conservación e Restauración de Bens Culturais, ensinanzas artísticas superiores de grao en Arte dramática, ensinanzas artísticas superiores de grao en Música, ensinanzas artísticas superiores de grao en Danza, ensinanzas deportivas, bacharelato e educación secundaria para persoas adultas (ESA).
b) Persoas que finalizaran nos últimos catro anos os estudos mencionados no apartado a).

QUE TRÁMITES TERÁS QUE REALIZAR PARA ACCEDER AOS SERVIZOS DUN VIVEIRO?

Para acceder ao viveiro que ti elixas deberás seguir os seguintes pasos:
1- Entrevista inicial co titor ou a titora do viveiro para a valoración da idea emprendedora e do equipo emprendedor.
2- Elaboración / preparación do plan de empresa. Se a valoración da túa idea emprendedora é positiva o titor ou a titora do viveiro axudarate a elaborar un proxecto de empresa realista.
3- Se o proxecto se valora como viable deberás asinar o Contrato tipo de cesión de espazo no viveiro de empresas, espazo que poderás ocupar polo período máximo de dous anos.

QUE SERVIZOS OFRECE UN VIVEIRO DE EMPRESAS?

Asesoramento
• Por parte do profesorado que imparte formación relacionada co sector onde se desenvolverá o teu proxecto.
• Do persoal técnico especialista para avaliar a viabilidade técnica e económica do teu proxecto.
• Titoría polo coordinador ou coordinadora de emprendemento, responsable do seguimento e orientación no teu proxecto.

Instalacións propias do viveiro
Locais axeitados para o desenvolvemento das actividades das persoas emprendedoras no centro educativo onde se atopa o viveiro, a súa disposición no horario concordado co centro:
• Moblaxe básica propia dunha oficina
• Equipos informáticos
• Acceso a internet
• Teléfono, fax, fotocopiadoras...
• Gastos xerados no mantemento xeral