arriba
Venres, 24-Marzo-2023

 

 
PortadaseparatorFebreiro


Febreiro

CIG-Ensino. O vindeiro día 4 de marzo terán lugar as XX Xornadas das mulleres. Trátase dunha actividade de formación permanente do profesorado, homogada por 8 horas pola Consellería de Educación. Realizarase presencialmente en Santiago de Compostela, no IES As Fontiñas.

Se fose do teu interese, podes consultar o programa e matricularte na seguinte ligazón:

https://www.cig-ensino.gal/cursos.html


INTEF "Actividades de formación abierta del mes de febrero". Ligazón


O II Encontro ciber.gal acolle actividades específicas para a comunidade educativa. Celébrase os días 9 e 10 de novembro no Edificio Fontán da Cidade da Cultura de Galicia, mais as actividades adicadas á contorna educativa terán lugar o día 10 pola mañá. Poderá seguirse de xeito presencial (con prazas limitadas) e tamén mediante a retransmisión en liña. Ligazón 


ANPE GALICIA – Curso online: Creación de contidos para a aula dixital (30 h). A través da Plataforma de Formación en rede de ANPE.

Nesta actividade os/as asistentes terán a oportunidade de coñecer, experimentar e reflexionar sobre un conxunto de aplicacións dixitais que aportan unha utilidade práctica e real no desenvolvemento do noso traballo individual, así como na participación activa do alumnado no contexto da aula dixital do futuro.

Esta actividade de formación está homologada pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional (Xunta de Galicia).

Datas de celebración: 27 de febreiro ao 24 de marzo.

Máis información e inscrición (ata esgotar as prazas): ligazón